Empresarios de Ferrol apostan pola eólica mariña para o desenvolvemento da comarca

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 18/05/2021 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer) expresa o seu apoio á eólica mariña como sector de futuro e estratéxico no desenvolvemento comarcal das próximas décadas. Así o destaca o presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, que remarca que esta área xa foi determinante no seu momento para recuperar carga de traballo no estaleiro de Navantia Fene a través de proxectos de colaboración público-privada entre o grupo público e Windar Renovables.

Parque eólico mariño de Sheringham Shoal, no Mar do Norte, á altura de Norfolk, en Inglaterra (Reino Unido)
Parque eólico mariño de Sheringham Shoal, no Mar do Norte, á altura de Norfolk, en Inglaterra (Reino Unido) | Fonte: NHD-INFO.

Dobarro subliñou o compromiso co medio ambiente no desenvolvemento da eólica mariña, por canto a tecnoloxía dispoñible na actualidade permite asegurar a creación de parques offshore sen que xeren "ningún dano ou incidencia".

"Non falamos de parques que se vaian instalar na mesma costa, senón a unha distancia que os faga inapreciables desde o continente", di o presidente de Cofer.

A aposta pola eólica mariña, conclúen os empresarios ferroláns, ten sentido dentro do proceso de transición enerxética cara a enerxías limpas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta