Lobios estará pechado desde o sábado e recuperan a mobilidade Cambados, Padrón e Laza

Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros estarán en nivel alto de restricións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/05/2021 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O concello ourensán de Lobios quedará pechado o sábado 22, o único en situación de nivel máximo de restricións, que tamén inclúe toque de queda entre as 23 e as 6 horas. Por tanto, Laza, Cambados e Padrón ven alixeirada a súa situación e recuperan a súa mobilidade e volverán ter hostalaría.

Feijóo e Comesaña, tras o comité clínico
Feijóo e Comesaña, tras o comité clínico | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

Ademais, o comité clínico determinou o nivel alto de restricións nos concellos que incrementarom a súa incidencia ou se manteñen con datos elevados: Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros. Nestes concellos só está aberta a hostalaría nas terrazas e a un 50 por cento.

No nivel medio de restricións, con hostalaría aberta ao 30 por cento en interiores e ao 50 por cento en terrazas, permanecerán desde o sábado os seguintes concellos: Barbadás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas, Moaña, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e Cervo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta