Salarios baixos: máis mulleres ca homes

O 19% das galegas tiña soldos baixos en 2018, fronte ao 7,4% dos homes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/05/2021 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

O 19% das mulleres asalariadas en Galicia tiñan soldos baixos en 2018, fronte ao 7,4% dos homes, segundo a enquisa de estrutura salarial que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Marisqueo en Cambados
Marisqueo en Cambados | Fonte: Pinterest

Esta enquisa considera asalariados con soldos baixos aqueles que gañan dous terzos ou menos da mediana das ganancias brutas por hora. Así, en Galicia, en 2018, o 13,1% dos asalariados tiñan salarios baixos, unha porcentaxe superior á de 2014, que era do 11,2%.

A distribución do salario anual en Galicia en 2018 mostra unha gran dispersión. O salario bruto anual do 50% dos asalariados galegos non supera os 18.600 euros (mediana).

Ese ano, só un 25% dos asalariados galegos percibiu un salario bruto anual superior a 26.946,82 euros e unicamente un 10% dos asalariados obtiveron un de máis de 37.884,89 euros.

O salario bruto anual medio en 2018 foi de 24.826,91 euros por traballador para homes, un 27,04% superior ao das mulleres, que se situou en 19.543,17 euros por traballador.

O 50% das mulleres non excede os 16.146,14 euros mentres que a porcentaxe de homes que gaña menos desa cantidade é en torno ao 25%.

En canto á fenda salarial, en Galicia foi do 8,5% en 2018. Deste xeito, situouse por baixo da fenda salarial da Unión Europea dos 28, que alcanzou o valor do 15%, e da de España, do 11,9%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta