Sandra Amézaga, secretaria da asociación Mulleres Salgadas, lamenta que no sector do mar, como en moitos outros, "existe unha tendencia xeral: cando un traballo non está ben remunerado, é básico e custoso e require de moita man de obra, desempéñano mulleres; pero, cando xa se convirte nun oficio con recoñecemento social, con bos salarios e mellores condicións, empezan a entrar nel os homes, que rematan por apropiarse do mesmo e por exercer o liderado".
  comenta   0
A fenda salarial "aínda é inconcibible" e "hai que actuar" dunha forma "moi decidida e determinante", sobre todo, no referente ás políticas e estratexias de coidados, alertou o secretario xeral confederal de CC.OO.
  comenta   0
A fenda salarial das empregadas galegas é de case 5.000 euros ao ano, sendo as segundas que menos cobran por hora en España. O 40,5 % das asalariadas cobra o SMI ou menos.
  comenta   0
O 35% da poboación ourensá cobra por baixo do SMI e as pensións continúan a ser as máis baixas do Estado, con 888 euros de media.
  comenta   0
Tomando datos do INE, do IGE, da Xunta de Galicia e de UGT elaboramos preguntas sobre o número de mulleres mortas o pasado ano vítimas de violencia de xénero, a fenda salarial entre homes e mulleres, o número de CIM de Galicia e o desemprego feminino.
Este ano, as reivindicacións porán tamén o foco na precariedade laboral que afecta as mulleres "como consecuencia da discriminación histórica" que padecen por parte do "sistema patriarcal".
As posicións enfrontadas respecto das mulleres trans impiden un ano máis a celebración de manifestacións unitarias.
  comenta   2
A secretaria das Mulleres da CIG, Nicolasa Castro, denunciou que a reforma laboral de 2021 "agravou máis a fenda salarial de xénero", que os traballos temporais e parciais "seguen sendo desempeñados maioritariamente por mulleres" e que "os plans de igualdade non son útiles para deter os abusos contra as traballadoras".
  comenta   0
UGT denuncia que o salario medio das traballadoras é un 9,8% inferior á media do Estado, unha fenda máis acusada entre os 45 e 55 anos.
  comenta   0
En Ferrol, trece é mal número se non decrece, porque as maiorías absolutas son moi perigosas para calquera governo democrático. Ter que acordar sempre supón unha cura de humildade. E en Ferrol xa teriamos que estar sabidos pois o Rey xa exerceu de alcalde absolutista do 2011 ao 2015, cárrego do que marchou para ser nada menos que Member of the Parliament of Galicia deica este ano, como ben di a sabichona wiki.
  comenta   2