56.000 millóns de euros

Esta é a cifra que recada o Estado cada ano do automóbil, en impostos directos e indirectos. Somos o cuarto Estado europeo en recadación de este sector, porén cómpre lembrar que na calidade de vida ocupamos o discreto posto 13.

Por Juan Carlos Piñeiro | Burela | 28/05/2021

Comparte esta noticia
España recada, do sector de mantemento do vehículo  uns 26.000 millóns de euros, do IVE de venta de coches uns 4.100 millóns. Pagamos tamén imposto no hidrocarburo e o IVE dos mesmos. Mesmo unha taxa importante en cada ITV e tamén unha parte da póliza do seguro é recadada polo Estado.
 
Deses 56.000 millóns o chamado imposto de circulación (IVTM), que en teoría pagamos polo dereito a circular supón anualmente, e repito anualmente, 2.900 millóns de euros.
 
Diante desta realidade, de presión fiscal dun só sector, temos un goberno, eles din que gobernan para a maioría, que mantén publicamente que a rede de estradas e insostible porque nos costa 7.500 millóns de euros por ano en mantemento (aquí meten o recate das radiais de Madrid). Si o sector xera 56.000 millóns, e gastamos 7.500 deles no coidado do propio sector, evidentemente para ter coche temos que ter estradas e autoestradas, onde van os 48.500 millóns restantes? Non é un problema de precisar maior recadación, é un problema de xestión do que recadamos e destinalo ben.
 
A cuestión proposta de pago por uso é puramente política. A idea de creación da nova taxa en autovías e estradas, por moi simbólica que sexa  é unha lousa á competitividade,  é unha improvisación de Sánchez como resposta á obrigación de Europa de manter un plan a longo prazo para a devolución dos fondos de recuperación. Pola sinxela razón de que estes fondos son un endebedamento de Europa que temos que ir devolvendo no tempo, evidentemente non son un premio de lotaría.  
 
En Galicia, que temos a metade das unidades de poboación de España, esta acción supón o tiro de graza á nosa xa pouca competitividade, xunto coa difícil realidade de buscar vías de comunicación alternativas e case a  imposibilidade de regular un servizo público de transporte que sexa engrenaxe entre o interior e o eixo atlántico. Dificilmente Ourense e Lugo poderán optar a un crecemento de poboación e a loita co despoboamento, se temos que pagar todos os días por ir traballar a outra vila ou mesmo facer as compras.
Quen contamina paga, dixo o ministro e tamén o director de tráfico no Congreso, e digo eu,  coidan eles que pagamos pouco por ter coche? 

Imaxe de arquivo dunha estación de ITV.. XUNTA DE ANDALUCÍA
Imaxe de arquivo dunha estación de ITV.. XUNTA DE ANDALUCÍA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA