Por E.P. | OURENSE | 29/05/2021 | Actualizada ás 19:53
A Deputación de Ourense colabora co proxecto audiovisual titulado '7 días na Raia', un documental de Nós TV realizado a modo de 'road movie' no que se abordan os vínculos lingüísticos, culturais, sociais e históricos entre os territorios e xentes dun e outro lado da fronteira entre Galicia e Portugal.
O documental ten 'parada' en numerosos puntos da provincia de Ourense como son Moimenta, Portocamba, Feces de Abaixo e Mandín, Santiago de Rubiás, Terrachán, Olelas ou Aceredo.
"Ourense, que conta coa maior extensión de fronteira entre España e Portugal, ten unha riqueza etnográfica, cultural e histórica que merece ser difundida, e este traballo documental mostra algúns dos aspectos máis destacados da singularidade e identidade do noso pobo", reivindicou o presidente da Deputación, Manuel Baltar.
O documental, que se estrea este sábado, emitirase polas canles de Nós TV, no 119 de R, e tamén se publicitará a través das redes sociais na web nostelevision.gal, en Youtube, Facebook, Twitter e Instagram.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.