Porbas de ADN confirman que os restos achados en Asturias a finais de febreiro son dun veciño de Narón

Os indicios apuntaban á posibilidade de que o cadáver correspondese a Fiz Patiño, xa que no lugar apareceron varias das súas pertenzas persoais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2021 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

As probas de ADN confirmaron que os restos humanos achados por dous senderistas o pasado 28 de febreiro no lugar de Alguerdo, no municipio asturiano de Ibias, son de Fiz Patiño Rubal, un mozo de 23 anos veciño da parroquia de San Xiao, en Narón.

Os familiares de Fiz Patiño denunciaran a súa desaparición a mediados do mes de novembro de 2020. O mozo comunicara que se trasladaba a unha localidade de Lugo e que despois pasaría uns días en casa dun amigo.

Con todo, os seus familiares e achegados nunca tiveron noticias del. Pasadas unhas semanas, presentaron unha denuncia na comisaría da Policía Nacional e activouse un dispositivo de procura no que tamén colaborou a plataforma SOS Desaparecidos.

En febreiro, uns senderistas que camiñaban por un camiño en Asturias atoparon uns restos humanos. Os indicios apuntaban á posibilidade de que o cadáver correspondese a Fiz Patiño, xa que no lugar apareceron varias das súas pertenzas persoais, como unha mochila desta cor verde. Este extremo foi confirmado a través das probas de ADN.

Lugar no que apareceron os restos humanos que corresponden ao veciño de Narón de 23 anos desaparecido en novembro. GARDA CIVIL
Lugar no que apareceron os restos humanos que corresponden ao veciño de Narón de 23 anos desaparecido en novembro. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta