Máis sobre o presidente da AGAI

Volvennos remitir información sobre o proceso aberto contra o presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel -Agai-, Pedro Gómez-Valadés, denunciando que foi excluido da Comisión de Cultura do Consello Comarcal do BNG de Vigo...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/03/2007 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

 

Sen embargo, no día de onte, o Consello Comarcal de Vigo ven de desoír a recomendación da Executiva Nacional, e decidiu seguir adiante co proceso de expulsión. Antes diso, convocaráse outro Consello Comarcal para desposuílo dos cargos que viña ostentando ata o dagora, tanto coma responsable da área de Lingua e Cultura, coma de membro electo da propia Executiva Comarcal. Unha vez desposuído dos cargos para os que foi elexido democráticamente, o seguinte paso consistirá en remitírlle-lo asunto ó Consello Nacional, para que vote se ratifica a expulsión ou deten este proceso.

 

Máis alá da opinión que a cada persoa lle mereza o conflicto árabe-israelí, o feito de que un militante vaia a ser expulsado por discrepar da postura maioritaria no seo da fronte debería levarnos a reflexionar a todolos que militamos dentro do BNG, pero tamén aqueles que simpatizan ou votan á fronte, se éste é o modelo de democracia que queremos, xa non para a fronte, senón para o conxunto da nación á que decimos representar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

34 Jesús

Hola Lugués, alucino con lo que me he encontrado aquí. No salgo de mi asombro. Menuda organización estalinista teneis montada.
¿Cuantos votos vais a caer en las próximas elecciones? ¿Otro 25%? ¿Llegaréis esta vez al 10%? ¿Volverá el Psoe a regalaros el poder?
¡ALUCINO!

33 Pedro Madruga

Estimado Breixo: como tantas veces estamos de acordo, mais debías recoñecer que en este tema superache a carraxe a verdade. e por moitas razóns que se den estariamos nun vai e ven que os outr@s compañeir@s do foro galicia confidencial non merecen. Xa teñen dados de un e outro para valorar os feitos e se teñen algún día a satisfacción de coñecer a Alberte dar ou quitar razóns.

Atentamente,
Pedro Madruga.

Ah! Se o Encontro Irmandiño non está coa Alternativa e simplesmente por eles non queren. E a Aternativa nada ten que ver con Quintana recordarás foron en distintas listas e teñen unha visión sobre o que debe ser o B.N.G. completamente distintas. Ex. delegados-asembleistas.
Contodo concordo se debe traballar na busqueda don consenso , entre todos, para lograr unha boa convivencia dentro do B.N.G. e colleitar os mellores resultados, cousa que non se está a facer.
Con respecto ao valor político de Beiras, Camilo, Bautista... non ía na dirección de que seguisen no parlamento senón que co B.N.G no governo nomearonse demasiados persoas con moi pouco vagaxe político e profisional. Cargos onde estas persoas podían levar ca gorra. Ex: Senador en Madrid Presidentes e directores Xerais de Institutos Autónomos...
Dando pechado este tema.

Una aperta.

32 Breixo

Benquerido Pedro Madruga:

Alédame que a fusión entre UG e máis EN vaia vento en popa, se ben coido que chega abondo tarde de máis, cando o seu espacio xa está sendo ocupado polo quintanismo (nada hai tan patético coma escoitar a Camilo criticar a Quintana por facer camilismo).

De tódolos xeitos, deixar fora ós beiristas amosa que os da Alternativa seguen sen entender ren. Seguen instalados no liliputismo. Seguen esquecendo que á UPG só se lle pode gañar dende unha alternativa plural, moi plural.

Tes algo de razón na "prexubilación" esaxerada que se fixo no BNG (pois despareceron todos, aínda que me chama a atención que cites a Bautista, aí pasácheste, pois os dinosaurios do terciario están moi ben no cine, pero sobran do século XXI).

Nembargantes, convirás comigo que non é normal que tras trinta anos de democracia as facianas do BNG seguisen a ser as mesmas.

Non hai ningunha organización política seria e importante no Estado español que manteña como primeiros espadas ás mesmas persoas dende hai 20-30 anos como ocorría no BNG. Unha cousa é que haxa Ibarras, Bonos e Pacos Vázquez (que ademais xa non os hai), e outra que tódolos líderes do PSOE fosen da mesma quinta que os precitados. Ata o PP de Galicia, quintaesencia do conservadurismo, acabou anovando as candidaturas, tanto nas municipais coma nas autonómicas e nas xerais. O do BNG non era, en modo algún, normal nin aceptable. Gústelle a Alberte ou non.

Finalmente quero facerche, con apaixoada cortesía, un par de precisións sobre as peripecias de Alberte coa CIG non últimos anos, pois vexo que as túas fontes de información nesta materia non son moi veraces: a CIG non despedíu a Alberte no ano 2006, senon arredor de 10 anos antes (as causas non as vamos explicar aquí, por decoro, aínda que algún internauta algo apuntou). Para evitar o escándalo daquela disfrazouse o despido, ou -se cadra- procurouse unha saída que non fose traumática. Esta saída digna consistira en substituir a relación laboral por un acordo a tempo parcial, simbólico no número de horas. Pasado o tempo, cando Alberte perdeu a condición de deputado, e se viu privado de tan inestimable fonte de financiación, presentou unha demanda contra a CIG, falseando os termos do acordo acadado no seu día. En esencia, o Alberte viña dicir que o cambio de condicións pactado por el coa CIG non era tal, senon que el se atopaba en excedencia por mor do seu cargo político, polo que ó perde este, debía ser reintegrado á disciplina da CIG, ou pagarlle a indemnización que lle correspondería pola súa importante antigüidade como traballador (arredor de 90.000 euros).

Obvio é que este comportamento non gustou nada na CIG, pois era evidente o descaro de Alberte e a súa absoluta falla de ética. A CIG de Lugo decidíu non ceder á chantaxe, e compareceu ó xuízo disposta a evidenciar a incerteza do alegado por Alberte. Parece ser que Alberte recuou ó ver que a CIG traía coma testemuñas ás persoas que no seu día asinaran os acordos con el mesmo 10 anos antes (persoas que xa estaban reitaradas da vida sindical), e solicitar a CIG do tribunal que este pedise un informe ao Parlamento de Galicia referente a se alí constaba que Alberte estivese en excedencia. Nese intre o avogado de Alberte pedíu a suspensión para negociar, e de alí en dúas semanas chegaron a un acordo.

Respecto do acordo, creo que o Alberte che informou mal. Non foron varias ducias de milleiros de euros. Alberte recibíu da CIG catro millóns de pesetas; ou o que é igual, dúas únicas ducias de milleiros de euros (24.000 euros). Cómpre destacar aquí que se Alberte gañase o xuízo o importe da indemnización sería de máis de 90.000 euros (quince millóns de pesetas). Abonda con coñecer os termos da operación para decatarse de que o Alberte non debía ter moita razón, ou polo menos non cría moito nas súas posibilidades. Botou un farol e saíulle mal, pois a CIG llo aceptou e esixíu ver as cartas sobre da mesma. Diante diso, Alberte recuou aceptando unha saída mínimamente digna.

Conste, e gostaríame que me creses, benquerido Pedro Madruga, que a cuestión dos cartos téñoa confirmada por varias fontes diferentes dignas de credibilidade, entendendo por tales a persoas que tiveron directo coñecemento dos feitos polos seus cargos na CIG, inclusive algúns que políticamente apoian á Alternativa, polo que, ó meu modo de ver, ofrecen plena credibilidade (especialmente estes últimos).

Xa que logo, non é certo que a CIG o despedise no ano 2006; foi el, máis ben, quen quixo "facerlle un fillo" á CIG, tendo que recuar e pactar para salvar os mobles.

Podesme crer que perdeu moita credibilidade en Lugo diante de moita xente. Pois as persoas serias teñen que selo a tódalas horas. Non se pode ser serio de día e crápula de noite. Pérdenche o respecto.

Agardo que saques proveito da información que che envío. Sobor de todo porque, coma dixo -hai máis de 2.000 anos- un home bo nacido en Betlehem, e de relixión xudea, "a verdade faravos ceibes".

Unha aperta.

31 Pedro Madruga

Estimado Breixo:

Eu non tento nada, nen mesturo nada, fixen unha brincadeira para non me por a altura dalgúns que pontifican, e sinalan co dedo, para non verse no proprio espello.

A miña defensa de Alberte foi debida a que había alusións a él. Que eu entendo non certas, e que se fan dende o insulto (mezquiño, impresentable, vividor a conta dos demais, traidor, engañador ate os seus amigos, maltrador dos seus obreiros, un sinfín de eloxios) esto é o que provoca os meus comentarios, ao entender,desafortunadas estas palabras e os feitos que as sustentan. O que vexo sí e unha afervoada descalificación, por parte ddalgún , tes que me perdoar, sobre un persoa que nada ten que ver sobre o tema que se está a tratar, máis que un militante do seu partido decidíu ingresar na Asociación de Amizade de Galiza-Israel. E aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, leña o mono que é de goma.

Por outro lado a tua información A Alternativa ( E.N.+ U.G.) vai vento en popa ( cousa penso che alegrará pola nosa coincidencia noutros campos a mayoría segundo ti manifestas e eu corroboro). Outros desgraciadamente non quixeron unirse, o tempo dirá non hai apuro.

O dos avogados, como comprenderás,se dous dirixen un despacho e só de laboral son catro e teñen un plantilla total de 12, entenderás normal que moitos dos casos só firme e logo defenda unha vez estudiados nos suizos, porque senón para que quere a plantilla. E logo tamén é normal que un traballador ou varios traballadores dunha empresa que vai ben vean o que se gaña, e unha vez aprendidos e perfectamente preparados intenten buscar o seu proprio camiño.
O que a sua vez crea os lóxicoss problemas de ficar, de repente, de catro importantes colaboradores.
O do convite estou, ben seguro, que o socio non vai a inauguración do despacho dos avogados que se marchaaon do seu , sen ter o visto e prace de Alberte, porque a parte de ser socios son amigos.

Para finalizar e pedindo perdón a Lugués e a Desde el jergón, explicareiche sucintamente o tema do sindicato.
Como xa che comentei Alberte desde a sua chegada a Galiza traballa para os dous sindicatos nacionalista I.N.T.G. e C.X.T.G. desde a sua rótura, ( covisto e prace de ambos sindicatos, non o faría tan mal) naquel momento levabanse a matar ( os dous sindicatos) pero él defendía aos traballadores e traballadoras de ambas as duas centrais sindicais.
Logo continuou traballando para C.I.G., cando a fusión, durante anos e sen descanso ao longo de toda a xeografía luguesa. A sua vez foi parlamentario pola B,N,G, durantes 4 lexislaturas ( algo traballaría, digo eu).

Coa renovación veu o desfacerse dunha maneira totalmente irresponsable do capital humano e político que representaban Beiras, Camilo, Bautista, Alberte, o inolvidable Peña, Paco Trigo... tod@s ao caldeiro do lixo e algúns insultados, afastados e desprestixados de xeito, inaceptable. Logo as bases, con máis sentidiño, volverenos a colocar no seu sitio, en contra do criterio dos que nunca deixan paso. Neste panorama de todo vale houbo consigna para que D. Alberte fose espulsado da C.I.G. mais como era traballador da mesma Oh!! Problema.
Coa expulsión improcedente foi ao xulgado para a sua defensa, como ben sabes, hai un preacordo antes de comenzalos xuiciós por se as partes se queren por de acordo, deste intento de preacordo a C.I.G. logo de facer unha proposta de acordo, Alberte retrucou con outra e finalmente a C.I.G. abonou a cuantia que toda empresa ten que pagar aos seus traballadores se son expulsados improcedentemente, Vaia ejemplo de sindicalismo, mais unha cousa e falar e outra dar trigo. A cuantía non cha digo por pudor e nestos casos debemos ser exquisitos. Mais para que teñas unha idea foron varias dúcias de miles de euros. Así se pagan os caprichos. A por el era a consigna.

Atentamente,

Pedro Madruga.

P.S. Estes días tocalles pagar o seu bon trato, traballo e dignidade por un país libre, democrático e plural aos compañeiros do B.N.G. e membros de Esquerda Nacionalista: Manolo Portas e Pedro Valadés, outros viran.

30 Breixo

Malpocado Pedro Álvarez de Soutomaior, abráiame a túa afervoada defensa de Alberte. Intentas confundir á audiencia cando mesturas cuestións diferentes. Unha cousa é a UPG e mailas súas brabuconadas, e outra Alberte. Que a UPG sexa, ou poida chegar a ser ás veces, nefasta para o País, non quita de que Alberte sexa un impresentable.

Vexamos: EN ten todo o dereito do mundo a existir; e hai ben tempo que debera confluír con Unidade Galega e outros independentes (¿por qué non os beiristas, con Beiras á cabeza?) para conformar un outro polo dentro do BNG. Reitero, pois, que EN é un activo para o BNG. Outra cousa é Alberte. Non confundas pois á audiencia.

Alberte non tiña por que ser coma é; pero o caso é que el échevos así, ¡coma el é!. Se é un mesquiño, non é culpa dos demais, é culpa del, que xa ten idade abondo para madurar e ser menos egoista.

De tódolos xeitos, non te esquezas: o despacho en Lugo xa non é nin a sombra do que no seu día foi. Particularmente a división de Laboral (que é a súa especialidade). ¡Por algo será!

Nos últimos seis meses marcharon catro avogados, e en concreto todo o equipo que levaba laboral (pois Alberte limitábase a poñer a sinatura e cobrar). E tódolos que marcharon falan moi mal dos comportamentos persoais, económicos e profesionais, entrementres que calan con respecto ó outro socio. ¡Por algo será tamén!

Porén, o que máis chama a atención é o silenzo proxectado sobre ese fanoso preito que tivo non hai moito coa CIG. ¿Qué pasa? ¿Por qué non falas del? ¿Acaso ten algo que agochar?

Lembrarche -finalmente- que estamos dacordo no fundamental, pero iso non fai de Alberte un home bo, porque non o é, non por outra cousa.

Unha aperta.