GC Aberto

Fronte ó abuso, exprópiese!

Por admin | GCAberto | 08/06/2021

Comparte esta noticia

Nacionalizar a enerxía, rematar cos abusos da BANCA, debería de ser unha prioridade para un goberno de esquerdas.

Electricidade, enerxía, cables, torres eléctricas, corrente. EUROPA PRESS - Arquivo
Electricidade, enerxía, cables, torres eléctricas, corrente. EUROPA PRESS - Arquivo

O prezo da enerxía disparase como unha metralleta en mans dun macaco tolo, fíxoo un 27% no inicio do 2021 en plena ola de frío e faino agora coa chegada do verán e en plena pandemia. 

A factura da luz continúa sendo un xeroglífico indescifrable e mal intencionado. 

Os prezos duplícanse unha e outra vez sen explicación. As multinacionais eléctricas abusan sen control, nin freo.

Porque resulta que tamén son o retiro dourado de Presidentes do goberno, Ministros e eurodiputados. 

Agora coas novas tarifas por tramos horarios, teremos as horas boas a prezos prohibitivos para ricos e as horas malas máis baratas para que a clase traballadora poida poñer a lavadora, planchar ou cociñar para o día seguinte, de madrugada.

De todos é sabido que os pobres non precisamos as mesmas horas de descanso que a xente ben.

Dende a esquerda debemos construír unha alternativa a sociedade dos abusos, do medo e da miseria.

Non hai desculpa para un sistema que permite que os nosos maiores e os nosos nenos pasen frío ou perdan a vida nun incendio provocado por unha vela que ilumina a oscuridade do seu lar ou unha fogueira que tenta espantar o frío.

A pobreza enerxética é unha traxedia moi real, unha vergoñenta traxedia que causa miles de mortes ó ano no Estado español.

Non é unha Pandemia, nin un desastre natural, ou un accidente, é unha consecuencia das políticas neoliberais, é terrorismo de clase.

Millóns de persoas son víctimas de pobreza enerxética no Estado español. A COVID-19 e a crise económica só fan agravar esta situación.

Vivimos con medo, medo a todo, medo ó presente e ó futuro, a perder o traballo e a non atopalo, a que todo siga igual e a que algo cambie. Medo ao coronavirus, a crise económica e as súas consecuencias.

Debemos exigir a un goberno de unidade que di ser de esquerdas e a un Ministro de Consumo que  se di comunista que tome medidas urxentes para defender a cidadanía dos abusos das multinacionais da enerxía.

Como deben defendernos dos abusos da BANCA, que agora vai tentar seguir mantendo os seus beneficios sangrando ós seus clientes con comisións e cargos inxustos.

Unha BANCA que foi rescatada con diñeiro público e que lonxe de devolver o diñeiro do rescate continua «abusando» e facendo «trampas» ós seus clientes, aos mesmos que a rescatamos.

Peche de sucursais que deixan ó rural sin un servizo básico, cobros por mantemento da conta abusivos para os nosos pensionistas, estafas e usura legais para os usuarios forzosos. 

Porque non é posible cobrar unha nómina, unha pensión ou unha axuda sin ter unha conta bancaria. 

Urxe tomar cartas no asunto, nacionalizar a enerxía e os sectores estratéxicos, facer públicos os servizos básicos e crear unha Banca pública que compita abertamente con a privada, deberían ser prioridades dun goberno realmente de esquerdas.

Fronte ó abuso, exprópiese, nacionalizar en interés da maioría. 

André Abeledo Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Epamonondas

Sobre las comisiones abusivas, uno de los secretos mejor guardados por la banca es que los clientes de escasos recursos podemos exigir, por ley, una cuenta de pago básica sin comisiones. Vease https://clientebancario.bde.es/pcb/...

1 anonimo

¿ E de onde ían sair os miles de millóns necesaros para expropiar eso? Porque decir " exprópiese" e moi fácil, pero pagar eso, non é tan fácil. Dicir "Fáse esto, fagase estoutro" o di calquera, pero pagar eso, esa é a cuestión.

1 Joao

E porque pagar? Expropiación pura e dura porque as instalacións/infraestruturas xa as teñen mais que amortizadas