Polonia, Italia, Portugal, Romanía e República Checa son os principais destinos dos estudantes 'Erasmus+'

As axudas complementarias que outorga a Xunta para este programa son dunha media de 1.388 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2021 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

Polonia é, con diferenza, o destino preferido dos estudantes galegos que participaron este curso no programa comunitario de intercambio 'Erasmus+', para o que a Xunta reserva unha convocatoria de axudas que chegou a un total de 596 alumnos do Sistema Universitario Galego (SUG).

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a resolución das axudas complementarias ás que achega a Unión Europea ao programa de intercambio de estudantes universitarias. Así, a Xunta pon a disposición dos alumnos contías que van desde os 375 aos 2.255 euros, sendo o importe medio case 1.400 euros.

Por universidades, 220 dos beneficiarios son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 181 da da Coruña (UDC) e 195 da de Vigo (UVigo). Por áreas de coñecemento, o 56% dos alumnos son de Ciencias Sociais.

A Xunta destaca que unha vez distribuída a contía correspondente a cada alumno en función dos grupos de países e o tempo de estadía neles, quedou "crédito suficiente" para adxudicar "a contía uniforme de 500 euros" aos 313 estudantes "que cumprían o requisito establecido na convocatoria de ter no seu expediente académica unha nota media igual ou superior ao 7".

Este ano, Polonia foi o destino máis elixido polos estudantes, polo que se decantaorn 151 alumnos. Seguiulle Italia con 101, Portugal con 58, Romanía con 50 e a República Checa, onde foron outros 44 estudantes.

Ademais, 27 alumnos realizan o Erasmus en Alemaña, 25 en Eslovaquia, 24 en Francia, 21 en Eslovenia, 19 en Bélxica, 10 en Hungría, oito en Austria, Lituania e Grecia, seis en Irlanda, Noruega, Suecia, Bulgaria e Croacia, catro en Finlandia, tres en Reino Unido e Turquía e un en Dinamarca e Estonia.

Estudante Erasmus.. JCCM
Estudante Erasmus.. JCCM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta