A Xunta gastará 4 millóns en publicidade en plena crise para reforzar a imaxe da Vicepresidencia Segunda

A campaña de publicidade nos medios insiste en que hai que "manter unha comunidade virtual en torno á Vicepresidencia Segunda" que dirixe Francisco Conde. Xustifica este gasto dentro do marco dos fondos Next Generation na necesidade de "lograr a completa transición dixital e ecolóxica da economía galega".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/06/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación que dirixe Francisco Conde destinará case catro millóns de euros nunha gran campaña publicitaria de ámbito galego "que poña o acento sobre os retos que afronta a sociedade galega en materia de economía, empresa e innovación".

Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: xunta.gal

Unha campaña que, no fondo, busca tamén impulsar a imaxe deste departamento e do seu titular tras a decisión de Feijóo de crear esta nova vicepresidencia hai menos dun ano. De feito, a empresa adxudicataria desta campaña deberá elaborar, crear e poñer en marcha un plan estratéxico para os medios propios da Vicepresidencia Segunda "con especial incidencia nas redes sociais".

Neste sentido, o prego do concurso, ao que tivo acceso Galicia Confidencial, insiste en que hai que "manter unha comunidade virtual en torno á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación". De feito, un dos obxectivos é "monitorizar en todo momento as contas das redes sociais da Vicepresidencia Segunda e as conversas doutras contas sobre os temas de interese para esta consellería co obxecto procurar conversas cos usuarios, proxectar os temas de interese e resolver cuestións ou controversias que poidan xurdir entre os usuarios".

PUBLICIDADE E REDES SOCIAIS

O concurso divídese en dous lotes; un primeiro dun plan de medios para insertar publicidade en xornais, radios e televisións, e un segundo lote para elaborar contidos para redes sociais. O primeiro centrarase en desenvolver unha estratexia, investigación e planificación de medios publicitarios para a campaña e de realizar campañas publicitarias. O segundo estará centrado en elaborar unha estratexia de comunicación dixital e creación de contidos propios da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

A maior parte do orzamento será para as campañas publicitarias en medios,  case 3,8 millóns de euros a repartir entre este ano e 2022. O resto, 160.000 estará destinado á crear un equipo de monitorización en redes sociais. A distribución para os dous lotes do contrato é a seguinte:

 

Orzamento (IVE excluído)

21% IVE

Orzamento total (IVE incluído)

Lote 1

3.132.231,40

 

675.768,60

3.790.000,00

Lote 2

132.231,40

 

27.768,60

160.000,00

Total

3.264.462,80

 

685.537,20

 

3.950.000,00

XUSTIFICACIÓN

O departamento de Francisco Conde xustifica o gasto de tal candidade de diñeiro nesta campaña na necesidade de "lograr a completa transición dixital e ecolóxica da economía galega" e destaca que, baixo esta premisa, se enmarcarca tanto o Plan de reactivación económica e social que se está impulsando en Galicia como as propostas coas coas que a Xunta quere optar aos fondos europeos de reconstrución.

"Para conseguir que en Galicia exista cada vez máis unha conciencia colectiva sobre a importancia de apostar por esta transformación dixital e pola consolidación dun ecosistema innovador, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación quere desenvolver esta campaña, na que se buscará a implicación de todos os axentes socioeconómicos para avanzar na modernización do seu tecido produtivo", indica na xustificacións de motivos.

Por iso insiste na "na importancia de anticiparse" cun novo modelo no que "só alcanzarán o éxito os territorios que aposten por levar a dixitalización e as novas tecnoloxías a todo o tecido produtivo –con especial atención ás pequenas e medianas empresas (pemes)–, que impulsen a innovación, que apoien o talento e a formación".

TRABALLADORES

Neste sentido, a través desta campaña o departamento de Francisco Conde quere resaltar que a competitividade do tecido empresarial galego pasa pola fábrica intelixente e "por reforzar as competencias dos traballadores e traballadoras, tendo en conta as necesidades do mercado laboral e os novos empregos que se xerarán nos próximos anos". Pero, destinará case catro millóns de euros en publicidade en medios e non nos "traballadores e traballadoras" aos que vai dirixido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Alguén podería explicar como os millóns de euros públicos rematan nas mans de medios con Muros de Pago ? A Administración Galega vaise converter nunha TeleTenda vía RR.SS. ?