Un libro infantil galego sobre o impacto da minaría chega a Londres

O libro "A mina contaminada" está indpirado na contaminación provocada polas Minas de San Finx, en Lousame.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O libro infantil galego "A mina contaminada" presentou a súa tradución ao inglés en Londres, baixo o título "Droplet ans Wagtail's Tailings Tale". A obra foi premiada no 2019 e 2020 pola Universidade das Nacións Unidas como "Proxecto Insignia Extraordinario" na 8º edición dos Premios RCE para proxectos innovadores de educación para o desenvolvemento sustentable. 

Edición en inglés de 'A mina contaminada'
Edición en inglés de 'A mina contaminada' | Fonte: Fundación Montescola

A obra pódese adquirir en papel ou desgargala gratuítamente. Está inspirada na contaminación por materiais pesados causada polas Minas de San Finx, en Lousame e relata as consecuencias da minaría contaminante a través dunha historia protagonizada por unha pinga de auga e unha lavandeira. 

Ademais, o libro, destiando a nenos de entre 6 e 12 anos, contén material educativo e didáctico co que completar a lectura, como un bloque de actividades e unha peza tetral, tamén dispoñible como espectáculo de monicreques.  

O libro, que foi creado polo Centro de Saberes para a Sustentabilidade e a Fundación Montescola co apoio da Guerrilla Foundation, será distribuído en inglés por London Mining Network entre centros de ensino e comunidades locais afectadas polos impactos sociais e ambientais de explotacións mineiras. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta