Eu estou alucinando. Non tedes en conta nin o máis elemental. Cambiaron os que gobernan, pero non cambiaron as formas. Decíamo o pasado domingo un colega e teño que darlle a razón. Qué pinta a Facultade de Xornalismo de Galicia? E as escolas de Imaxe e Son con títulos oficiais? Hai categorías para as que so se pide o Bacharelato ou menos, como os locutores ou auxiliares de REdacción? Non poden facer iso mesmo so licenciados en Xornalismo. Mesmo para producción, pois dado que so se trata de facer unha chamada por teléfono e si so fora unha.Pois por cada unha de traballo fanse 2000000 por asuntos persoais. Así, contribúese a axudar o enchufismo que se ven practicando dende tempos que remontan ó tripartito. E mentres tanto da Facultade de Xornalismo ou Comunicación Audiovisual continúan a sair parados ou pluriempregados qaue non lles chega coa media xornada que teñen de contrato onde mal traballan? Para qué seguir enterrando cartos e ilusións así? Por non botar de menos o papel de decanos e profesores por defender un futuro con posibilidades os licenciados, sexan de aquí ou doutras facultades. E ahí tamén agardo a voz de Dona Margarita Ledo, que moito escribir e poñer no curriculo se-la primeira decana da Facultade de Xornalismo de Compostela,so para sair na foto e viaxar de balde polo mundo adiante a dar conferencias e outras festas que aburren ó máis optimista dos alumnos que estudian xornalismo, pero que se esqueceu, tanto ela como o actual Decano, de que non fixeron nada por contribuir ó futuro laboral na CRTVG dos alumnos. E ahí meto tamén ó decano do Colexio Profesional de Xornalistas. PAra sair so na foto? xa non digo mais, porque nin forzas me quedan para falar dos polític@s do enchufe, sean do signo que sexan. Iso sí, por favor, que a este foro que cheguen opinións con fundamento, e eu creo tela por ter traballado na CRTVG, e non de ignorantes do falar por falar. PAra iso, que chamen a Polanco pola noite... como non vou estar amargada...