Esta é a Galiza que temos. Cada quén levando a auga para o seu muíño.
En ningún sitio deste ou doutros foros sobre o tema vexo que alguén pida procesos xustos para acceder a postos de traballo públicos. Y eso chámase INSEGURIDADE: -non confío na miña valía e prefiro río revolto a ver se me podo colar dalgunha forma... -
Vivimos mal que nos pese no mesmo sistema caciquil dos anos pasados e ninguén parece moi disposto a descolgarse del.
Se entran os enchufados do PP, Mal; pero se podemos convencer ou presionar a sindicatos ou políticos para que se fagan os longuis só por esta vez... O fin e ó cabo case se podería entender como unha restitución dos dereitos históricos que nos negaron todos estes anos. Pero a quén (¿?) Ós que sufriron ese sistema tan inxusto, entrando e saíndo de contrato en contrato ou ós que nunca puideron nin sequera entrar ???
A outra grande desgraza do pais : a RESIGNACIÓN. nada vai cambiar, A mesma merda é , temos que seguir a velas vir es la TVG que tenemos... non ten moita pinta de mellorar .
¿Por que non esiximos ós nosos gobernantes, cargos públicos e sindicatos Limpeza nos procesos de Selección e a montamos boa se non están dispostos a abandonar radicalmente as prácticas caciquís do pasado?
RESIGNACIÓN : NUNCA MÁIS.
Estaría ben que alguén empezase por facer unha web, foro, blog ... ( non entendo moito desto ) no que entre todos fagamos seguimento do proceso que está a comenzar na CRTVG, onde a xente comente as irregularidades que coñeza ( non vale o disque...) e o resto as poida confirmar, rebater, discutir.... Denunciar.
Ó mellor resulta que para cambiar o pais non é dabondo con mirar e rosmar polo baixo.
Animo!