A CRTVG, unha "caldeira"

A CRTVG estase convertendo nunha caldeira, ou como nos ten comentado un traballador do ente público, "nunha ola a punto de estoupar", logo do control que o sindicato CC.OO. ten de importantes áreas directivas da compañía. Unha situación que está provocando enfrentamentos entre sindicatos e mesmo "rebelións" por parte dalgúns traballadores...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/06/2006 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

None

Tampouco está gustando en UGT o control que CC.OO. exerce de determinadas áreas, a pesar da colaboración entre os dous sindicatos. E é que hai cargos elexidos polos socialistas que tamén están no punto de mira deste sindicato.

Ademáis destas loitas internas, a situación pódese complicar na compañía ante a eminente convocatoria do concurso de novas prazas do ente público; un pastel que os sindicatos tamén queren cortar . Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 105 comentarios

85 metaforicamentefalando

Metáforas? Que é iso? A ver se empezades a empregar unha linguaxe que todos poidamos entender. Ou mellor, a falar con propiedade. A min o tema metáfora chéirame a creación, a imaxinación, a ideas... U-las? Acción é o que fai falta, por suposto, pero non hai boa comunicación, nin entretemento, nin orixinalidade sen riscos, sen apostas e sen posibilidade de fracaso. É certo que se nos saímos dos parámetros que medianamente funcionan (festas, verbenas e entretemento fácil), se cadra, do outro lado só atopemos silenzo, pero eses son os riscos da partida que algúns queremos xogar. Non hai boa Radio nin boa Televisión sen un mínimo de ambición e sen que os teus xefes confíen en ti.

84 pra isto era o cambio?

A galega. "Apaga y vámonos"

83 pra isto era o cambio?

Menos metáforas e máis acción. A Galega:"apaga y vámonos"

82 ghastaspista

Vexo o ente no que vos desenvolvedes como o reflexo fáctico do universo deseñado por Huxley: unha dictadura perfecta con apariencia de democracia. Unha cadea sen muros da que ninguén quere escapar porque todos consideran que é o lugar ideal. Nel, cada un sabe cal é o seu cometido, que é o que ten que facer e a cal dos estereotipos pertence. A engranaxe perfecta. O representante do grupo Alfa, o xefe, veo todo tan BeNiGno que perdeu a PerSpectiva Do Grupo ó que PPertence. Os Betas da imaxe con Tanto Vaivén Gañan a partida, e os outros non saen das Repichocas Galaicas. Eu, a este Mundo Feliz, non lle vexo moito porvir conspire quen conspire. Así que menos conspirar, que o tempo de coñecemento do medio prescribiu e a porta de saída ábrese coa mesma chave que a de entrada: CUN VOTO!!

81 tempo de silencio

Que están negociando estes días na galega de costas a todos nós?