A CRTVG, unha "caldeira"

A CRTVG estase convertendo nunha caldeira, ou como nos ten comentado un traballador do ente público, "nunha ola a punto de estoupar", logo do control que o sindicato CC.OO. ten de importantes áreas directivas da compañía. Unha situación que está provocando enfrentamentos entre sindicatos e mesmo "rebelións" por parte dalgúns traballadores...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 28/06/2006 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

None

Tampouco está gustando en UGT o control que CC.OO. exerce de determinadas áreas, a pesar da colaboración entre os dous sindicatos. E é que hai cargos elexidos polos socialistas que tamén están no punto de mira deste sindicato.

Ademáis destas loitas internas, a situación pódese complicar na compañía ante a eminente convocatoria do concurso de novas prazas do ente público; un pastel que os sindicatos tamén queren cortar . Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 105 comentarios

70 Ántón

Moi ben, moi ben... alégrame sabelo, mais "min" non é "mín" porque non leva til, e "lingua" tampouco. De idioma andamos bastante ben, pero de ortografía..., de ortografía regular. Menos mal que na tele e na radio non se ve, e o que se ve corríxeno os linguistas, digo eu. Ah, por certo, sen acritude ningunha, eh, que aquí quen máis quen menos comete erros.

69 observador

Por suposto que tamén sei expresarme en galego. Non teño ningún tipo de complexo, nin cara ó galego nin cara ó castelán. Para mín os idiomas non son máis ca un instrumento de comunicación entre as persoas. Cantos máis idiomas saibas pois mellor. Eu non son dos que fan da língua un elemento de confrontación.

68 Antón

Completamente de acordo co Observador sobre os erros (asunto sobre o que habería moito máis que falar, xa que é difícil atopar algo medianamente decente tanto a nivel ortográfico como léxico, gramatical, sintáctico... e, xa que estamos, como moi ben dí el, nun medio de comunicción!!) Se cadra o primeiro paso sería facer uns cantos cursiños de reciclaxe e deixarnos de patrañas sobre o bonitas que pintamos as cousas os máis novos porque bonitas e boas poden ser canto nós queiramos (por abaixo xa non hai límites, con ou sen traballadores veteranos). Ah, por certo, un consello: sabemos que escribes e observas ben en español, pero... e en galego? Espero que tamén porque, entre outras cousas, o idioma é unha das cousas que sostén este gran invento que dá tanto que falar... A CRTVG!

67 observador

No sé a qué carta quedarme. No sé que me ha causado más impacto visual. No termino de decidirme entre el "herrado" (supongo que quería decir "errado") de Bellas, y el "voca" (me imagino que querría decir "boca") de Todostvg. Y me duele pensar que estamos ante gente que trabaja en medios de comunicación y que, en el segundo caso, me temo que de periodista. En fin, después de esta pequeña aclaración, me gustaría decir que lo que aquí veo es mucha juventud. Mucha gente sin background.

66 Antón

Alguén me pode explicar por que raio algúns e algunhas "profesionais" seguen vivindo tan de P.M. no ente público? Se cadra alguén teme que se se lles pon a TRABALLAR poida atravesar sobre as súas cabezas, aínda que fose só por un nanosegundo, a mínima dúbida de sospeita de represalia ou algo semellante que puidesen aproveitar para aducir que calquera tempo pasado foi, cando menos, igual? O caso é que
a min me dá que algo diso hai -e é moi triste recoñecelo- pero temos o que nos merecemos. Nin máis nin menos! Xa o dicía noso Pai Castelao:

-Vostede terá moito dereito; pero eu teño moita razón.

Pois iso: algúns si que apostamos porque primen os intereses xerais antes que os individuais, porque podemos ser unha potencia (con C non con Z como as prinzesas), e porque só está en nós conseguilo. Porque NON, AMIGUIÑOS, CALQUERA TEMPO PASADO NON FOI MELLOR.