Así se viu a eclipse solar en Galicia

O fenómeno astronómico chamou a atención de moitos galegos, que non vían un eclipse destas características dende o 2017.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

As redes sociais fixéronse eco do eclipse solar parcial que se puido ver en moitos puntos do Hemisferio Norte, con maior intensidade nos puntos máis próximos ao Polo Norte. A duración total do fenómeno é de 299 minutos, case 5 horas, en Galicia puido verse entre as 10.49 e as 12.45, acadando o seu punto máximo ás 11.44 horas na Coruña.

Eclipse solar dende A Coruña
Eclipse solar dende A Coruña | Fonte: Twitter

En Twitter algúns usuarios compartiron as súas experiencias a través de fotografías (e incluso debuxos) ou comentado o fenómeno, trending topic en España baixo o cancelo #Eclipse2021. A Coruña foi o lugar da península no que a eclipse foi máis perceptible, polo que moitos non quixeron perder a oportunidade. Porén, en redes tamén se sucederon as mensaxes coas recomendacións para ver a eclipse de forma correcta.

Este fenómeno non se percibía en Galicia dende o 2017, cando dende España tamén se puido ver un eclipse parcial o 21 de agosto dese ano. Hai que esperar ata o 25 de outubro do 2022 para poder contemplar de novo un eclipse parcial e a agosto do 2026 para poder gozar dun eclipse total.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta