Cromos para fomentar o fútbol da Costa da Morte

Por Galicia Confidencial | Fisterra | 20/11/2013 | Actualizada ás 00:59

Comparte esta noticia

O xornal colaborador, QPC, acaba de anunciar unha interesante iniciativa; un álbum de cromos de fútbol da Costa da Morte para promocionar este deporte na comarca e, de paso, buscar novas vías de financiamento. 

Cromo de David Vidal cando estaba no Logronés
Cromo de David Vidal cando estaba no Logronés

A Gala de Presentación desta iniciativa terá lugar o sábado 30 de novembro, ás 21:00h, no Auditorio de Santa Comba, e será presentada por Mónica Martínez, veciña de Zas, e ex presentadora do Telexornal Deportes da TVG. Este acto tamén contará coa presencia de personalidades relacionadas co deporte da comarca e contará cun invitado moi especial: David Vidal, o mítico adestrador galego.

A partir do domingo 1 de decembro, os cromos de todos os xogadores dos equipos da Costa da Morte estarán en 40 puntos de venda, dende Carballo ata a Serra de Outes. Toda a información sobre o Álbum de Cromos en: www.quepasanacosta.com/album.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta