As dez negativas do alcalde de Cabanas para non falar de Corcoesto

A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños denuncia que o alcalde de Cabana denegoulle, novamente, o uso do auditorio municipal para falar da mina de Corcoesto.

Por Galicia Confidencial | Corcoesto | 20/11/2013 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Ata en dez ocasións ten denegado o alcalde de Cabana de Bergantiños, o popular Xosé Muíño, o uso do auditorio municipal público á Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños para realizar xuntanzas nas que abordar a situación da mina de Corcoesto.

Contra a mina de ouro en Corcoesto
Contra a mina de ouro en Corcoesto | Fonte: Bocixa Tingalaranga

Esta asociación leva pedindo o uso deste espazo desde o pasado maio. E, desde entón, todo foron "non" por parte da alcaldía. O pasado 14 de Outubro a Plataforma solicitou de novo o Auditorio de Cabana para catro datas posíbeis dese mes e do mes de Novembro.

Precisamente, anteriormente os motivos aducidos para a denegación do uso deste espacio foron as actividades xa planificadas neste auditorio, pero desta volta o alcalde optou polo silencio administrativo e non contestou á solicitude nin a reiteración da mesma que lle fixo esta plataforma o pasado 13 de novembro.

Contestación social

"O alcalde cada vez ten unha maior contestación social ben pola mina de Corcoesto, ben pola suba de tarifas no suministro da auga, ben polo aumento de impostos municipais ( saneamento, alcantarillado,....) ou mesmo sendo albo de denuncias xudiciais por posíbeis delitos contra a saúde pública por non poñer os medios para impedir o consumo humano de auga contaminada por arsénico en  fontes do concello", denuncia a plataforma.

Por iso, demándalle ao Alcalde que permita o acceso á información á veciñanza de Cabana, segundo o dereito constitucional, e deixe de considerar ao Concello e ás súas instalacións "coma unha propiedade privada". “O caciquismo galego deixará de existir cando se lexisle para Galiza e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á Xustiza”, di recollendo unha frase de Castelao. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Brigantium

O titular da nova está mal: non se trata do alcalde de Cabanas (entre Fene e Pontedeume) senón do de Cabana (de Bergantiños)