Os casos activos por COVID en centros galegos superan os 280 e o número de aulas pechadas é de catro

Está pechada a escola infantil PAI de Tordoia, na área de Santiago, debido a un positivo de Covid-19, segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Educación e Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2021 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 nos centros educativos non universitarios de Galicia descenderon a 282, que supoñen 12 menos que a xornada anterior, mentres que continúan catro aulas inoperativas --as mesmas que o día pasado-- e hai un centro pechado --unha escola infantil-- en Tordoia.

En concreto, está pechada a escola infantil PAI de Tordoia, na área de Santiago, debido a un positivo de Covid-19, segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Educación e Sanidade.

As infeccións activas en centros educativos descenden nas áreas de Santiago (-6), Vigo (-5), Pontevedra (-3), Ourense (-1) e Lugo (-1), mentres que soben nas da Coruña (+3) e Ferrol (+1).

A área de Vigo mantense á cabeza con 91 casos activos, cinco menos, e dúas aulas pechadas --sen cambios--, delas unha nun centro de Redondela por tres positivos e outra nun de Mos por dous contaxios. Nela sitúase o centro con máis positivos de Covid de Galicia, o CEIP Seis do Nadal con seis.

A continuación a da Coruña contabiliza 40 infeccións activas, tres máis, e segue sen aulas pechadas. Destaca nela o CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal con cinco positivos.

Séguelle a de Santiago con 34 casos activos --seis menos-- e xa non ten aulas pechadas --a xornada anterior había unha na escola infantil dos Tilos por un positivo--. O CEIP Plurilingue Galaxia de Ribeira mantense con maior número de casos, con catro contaxios --sen cambios--.

Así mesmo, a área compostelá rexistra un centro pechado pola incidencia da Covid-19, o único de Galicia, a escola infantil PAI de Tordoia, debido a un positivo.

Tamén a área de Pontevedra rexistra 34 infeccións activas --tres menos-- e mantén unha aula inoperativa no CEIP Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior, que conta con cinco positivos --sen cambios--.

E a de Lugo concentra 34 casos activos de Covid --un menos que a xornada anterior-- e segue sen aulas inoperativas. Nela hai dous centros con tres positivos.

OURENSE E FERROL

Con menos casos de Covid-19 nos seus centros educativos mantéñense as áreas de Ourense e Ferrol. A primeira rexistra 28 positivos --un menos-- e continúa sen clases inoperativas. O CPR Seminario Menor Diocesano A Inmaculada destaca con máis infeccións activas, ao rexistrar cinco --sen cambios--.

E a área de Ferrol concentra 21 contagios --uno máis-- e conta cunha aula pechada --a xornada anterior non tiña ningunha--, no CPR Tirso de Molina por dous casos activos. Destaca o CPR Plurilingüe San José de Pontedeume con tres positivos --sen cambios--.

Escolas Infantís Unidas - Arquivo
Escolas Infantís Unidas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta