Galicia, a medio camiño da inmunidade de grupo tras administrar outras 30.000 vacinas

O 38% dos galegos está xa inmunizado, por riba do ecuador preciso para chegar á inmunidade de rabaño, cifrada no 70%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

O 60% dos galegos susceptibles de recibir a vacina contra a covid-19 conta xa con polo menos unha dose. Ata o momento, 1.427.227 persoas recibiron como mínimo a primeira picada, 29.731 máis que na xornada anterior.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata o peche da xornada de vacinación do venres, recollidos por Europa Press, que indican que se administraron 2.214.877 dose (+33.086 máis que na xornada anterior) das 2.332.065 recibidas. Isto supón o 94,97% do total de vacinas dispoñibles en Galicia.

Ademais, 858.268 galegos recibiron xa a pauta completa contra o coronavirus (+4.108), o que representa o 36,32% inmunizado de toda a poboación galega a vacinar. Galicia avanza tamén na vacinación contra a covid-19 do grupo de 40 a 49 anos, que iniciou esta semana por idade, e sitúase xa no 37,88% destas persoas con polo menos unha dose --167.835--.

Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021.. Rosa Veiga - Europa Press
Unha muller recibe unha dose da vacina de AstraZeneca no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a 27 de maio de 2021.. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta