Por Europa Press / Redacción | VIGO | 15/06/2021 | Actualizada ás 18:12
O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foi autorizado para a administración de Alofisel, unha nova terapia celular para o tratamento de fístulas perianales complexas en pacientes con Enfermidade de Crohn.
Segundo explicou a subdirectora de Prestación Farmacéutica, Isabel Rei, esta acreditación ao Chuvi "supón que a área viguesa e os seus especialistas reúnen as condicións e cualificacións esixidas para administrar este novo tratamento, considerado de alto impacto sanitario, social, e económico, e que mellorará de modo moi significativo a calidade de vida dos pacientes".
Para conseguir esta acreditación, os tres servizos implicados (Dixestivo, Farmacia Hospitalaria e Cirurxía Xeral) tiveron que pasar un proceso de certificación, mediante a formación e avaliación dos especialistas involucrados.
O Sergas explicou que, na área viguesa, uns dez pacientes poderán beneficiarse anualmente desta terapia, que ten unhas indicacións moi concretas: pacientes adultos con fístulas complexas, con Enfermidade de Crohn, nos que fracasaron os tratamentos convencionais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.