Nace "Redeir@s": un espazo "seguro" na rede para a mocidade de entre 12 e 17 anos

A plataforma tamén ofrece obradoiros sobre "temas que importan aos adolescentes".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

"Redeir@s" é unha plataforma en liña: un xornal dixital, a suma dunha serie de redes sociais e un recurso educativo. Está dirixido aos mozos e mozas galegos de entre 12 e 17 anos e trátase dunha  iniciativa da Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia. Esta iniciativa conta co apoio da consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Adolescentes en foto de arquivo.
Adolescentes en foto de arquivo. | Fonte: Fonte: Redeir@s.

“Parécenos xenial a idea de ter un xornal con noticias que nos interesan, un espazo para construír redes sociais de forma segura e tamén un lugar onde aprender cousas novas a través da selección de recursos que apoian a nosa formación académica”, comentan os primeiros redeiros e redeiras.

Detrás desta iniciativa están "expertos en dereitos da infancia que poñen en valor todos os dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno". Ademais, segundo explican, a plataforma ofrece obradoiros para aprender xunto a profesionais "temas que importan aos adolescentes". Neste senso, ao mesmo tempo que se lanza a plataforma virtual, póñense en marcha catro talleres tanto en formato presencial como virtual, aos que se poden acceder a través da web.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta