Comezou a destrución do sitio arqueolóxico de Coeses

A súa escavación descubriu un lugar único, polas súas características en Galicia, da Idade do Bronce ou primeira Idade do Ferro. As obras da Autovía Lugo-Santiago arrasan con boa parte do sitio.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/11/2013 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

O inicio das obras de construcción da A-54, a autovía Lugo-Santiago, enterrarán para sempre un sitio arqueolóxico único en Galicia; o de Coeses, en Lugo. E iso, a pesares de que existe unha denuncia no xulgado para defender o lugar. Pero, como non se tomaron medidas cautelares ao respecto, non se puideron paralizar as obras.

Xacemento da Chousa do Rodeiro do castro de Coeses
Xacemento da Chousa do Rodeiro do castro de Coeses | Fonte: Mariña Patrimonio

"Nin sequera se respectou aquela proposta de Fomento de desviar a estrada 20 metros. Dende o comezo do túmulo non hai máis de 5 metros, as foxas de inhumación desapareceron, e sobre o xacemento semella que pasou unha apisonadora", sinala a GC o divulgador Xavier Moure, que coñece ben este xacemento.

Precisamente, a medida que as escavacións foron avanzando, foise descubrindo que o xacemento era único, polas súas características, en Galicia. Podería corresponder a un posible túmulo duns 60 metros de diámetro, probablemente datado na Idade do Bronce ou a primeira Idade do Ferro, con muros interiores e exteriores, e arrodeado por un foxo. Ademais, existen foxos tamén no interior da area tumular onde se atoparon restos cerámicos. Este tipo de estruturas anexas ó túmulo son algo do que non se tiñan noticias no rexistro arqueolóxico galego.

Máis perigos

Tras o inicio das obras da autovía, aínda quedan por facer os muros de contención e os valados, o que empeorará, aínda máis, a situación do xacemento. Outro atranco é que, ao non respectarse unha área de cautela, os profesionais temen que se teña perdida moitísima información, "xa que a totalidade desta non ten porque estar forzosamente dentro do túmulo", indica Moure. "Tamén ignoramos que fixo Patrimonio, se deu o visto e prace para continuar coas obras ou nin sequera foi informado", engade.

Destrución de parte do xacemento de Coeses polas obras da Autovía Lugo-Santiago
Destrución de parte do xacemento de Coeses polas obras da Autovía Lugo-Santiago | Fonte: Xavier Moure

Cando se coñeceu esta problemática, o arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio en Lugo, Gonzalo Meijide, recoñeceu unha "posibel función ritual" do achado. En declaracións a Culturagalega.org comparouno, a modo hipotético, co sitio arqueolóxico da Roda de Barreiros, outro círculo escavado na súa totalidade neste concello da Mariña lucense, que a penas ofreceu material que permitira a súa datación segura. En todo caso, a Xunta tamén recoñece a importancia do xacemento. "Aínda que pode haber algúns paralelos, o lugar é moi novidoso no contexto galego e peninsular", sinalaba. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 eusi

Quen son realmente os terroristas? Quen fai mais dano? PPodres ao PParo

1 Busto

Un pouco de respecto polo noso idioma. Empregade o termo sitio arqueolóxico e non xacemento. Un xacemento é unha mina. Únicamente en castelán se usa como sinónimo de sitio arqueolóxico.

1 core

que be o señor Feijoo e o sejor marianico el corto están en extasis están rematando coa cultura galega que ben o fan e agora a construir encima da área das praias e xa teñen o extasis final

2 Farruco

Parece que o asunto foi denunciado na fiscalía e no xulgado para que se pararan as obras. Que fixeron? Está claro, o poder é o poder o demais merda.