Temas: TURISMO IMSERSO

O Imserso retomará en outubro as súas viaxes de maiores, coa incorporación de medidas sanitarias

O seu director di que a reactivación das viaxes do Imserso "é a mellor noticia para as persoas maiores, como indicador de normalidade".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 22/06/2021 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros acordou este martes autorizar ao Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) a contratación dos servizos de organización, xestión e execución do programa de Turismo Social para persoas maiores durante a tempada 2021/2022, con posibilidade de prórrogas.

Viaxes do IMSERSO
Viaxes do IMSERSO | Fonte: Europa Press.

Para o director do Imserso, Luís Barriga, a reactivación das viaxes do Imserso "é a mellor noticia para as persoas maiores, como indicador de normalidade, xa que supón a continuación da vida cotiá".

O escenario temporal de continuación coincidirá co inicio habitual destes programas, en outubro de 2021, e incorporaranse medidas e protocolos para evitar o contaxio por covid en transportes, aloxamentos e actividades: limpeza e desinfección, control de accesos e capacidade, etcétera.

Este aspecto, sempre ligado ao que determinen as autoridades sanitarias en cada momento e territorio, estará dirixido a evitar situacións de risco de transmisión da covid-19.

Así, segundo informan o Ministerio de Dereitos Sociais, garántese a rastrexabilidade dos contactos en grupos de persoas viaxeiras de forma que se poida informar inmediatamente as autoridades de saúde pública se xurdise algún contaxio. Ademais, precisan que o persoal sanitario manterá unha vixilancia en todas as viaxes.

Por outra banda, garántese o reembolso de gastos de reserva se se producise a anulación por motivos sanitarios antes do seu inicio, tanto para persoas usuarias como para acompañantes.

O valor estimado do programa durante o tres tempadas ascende a 739,4 millóns de euros (IVE excluído), dos cales o Imserso asume o 23,85 por cento.

Temas: TURISMO IMSERSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta