Laureano Araujo, gañador da XIX edición do Premio Plácido Castro de Tradución

Supón a primeira tradución ao galego deste escritor.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

O xurado da XIXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución acorudou por unaminidade premiar á traducción de Laurenano Araujo da obra do escritor suízo Friedrich Glauser, “Schlumpf, Erwin: Homicidio”. Tomaron a decisión logo de reunirse o pasado 22 de xuño en Cambados.

Laureano Araujo - Blog Xerais
Laureano Araujo - Blog Xerais

O xurado destacou a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego. Da mesma forma ao xurado tamén lle chama a atención a dificultade de incorporación dos dialectalismos propios do cantón alemán de Suíza, así como o recurso ás notas a pe de páxina que axudan a contextualizar a obra. Supón a primeira tradución ao galego deste escritor.

O premio consiste nun diploma acreditativo e unha peza escultórica deseñada expresamente para o concurso, obra de Xaquín Chaves. Así mesmo, estará dotado con 2.000 euros. A data e lugar da entrega do premio daranse a coñecer pola Fundación Plácido Castro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta