Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2021 | Actualizada ás 00:33
Centenares de persoas congregáronse na tarde deste luns ante o Obelisco da Coruña para celebrar o día do Orgullo LGBTI e para clamar contra a discriminación por motivos de identidade e orientación sexual.
Na concentración puideron verse distintas bandeiras e pancartas con lemas como 'Os armarios son para a roupa' ou '50 anos seguimos protestando', así como outras nas que se reivindicaba o compromiso das institucións para lexislar en favor do colectivo LGTBI.
Ademais, os asistentes despregaron unha bandeira de gran tamaño na que podía lerse '2 mamá, 2 papá'. Todo iso nunha concentración da que os participantes quixeron evidenciar o seu carácter reivindicativo.
"Non desfilamos, manifestámonos" ou "aquí está a resistencia trans" foron algunhas das consignas que se puideron escoitar nunha manifestación que partiu do Obelisco en dirección á Mariña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.