Temas: AUTOMOCIóN

Galicia sofre en xuño a maior caída de vendas de coches en España

Foron 2.427 matriculacións, un 18,8% menos que no mesmo mes de 2020.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/07/2021 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 2.427 matriculacións en xuño, o que supón un 18,8% menos que no mesmo mes de 2020, segundo cifras das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam).

Imaxe dun coche, Peugeot 3008, nun concesionario
Imaxe dun coche, Peugeot 3008, nun concesionario | Fonte: Europa Press.

Esta caída é a maior rexistrada entre comunidades, seguida por País Vasco (-16,7%). Contrasta co incremento medio de vendas de coches no Estado (+17,1%).

No tocante ao acumulado no primeiro semestre, realizáronse 12.334 matriculacións en Galicia, o que supón un 11,7% máis que no mesmo período de 2020.

Este incremento no semestre está lonxe da media de avance en España (+34,4%). De feito, é a terceira menor suba entre comunidades, só por enriba da Rioxa (+6,3%) e Estremadura (+7,7%). No outro extremo, sobresae a alza de Madrid (+52,8%).

Mentres, as matriculacións de vehículos eléctricos triplícanse en Galicia en xuño, nun aumento similar ao que ocorre no Estado. Foron 204 vehículos fronte aos 54 dun ano antes. No acumulado do ano son 720 turismos (eran 288 entre xaneiro e xuño de 2020).

Tamén crecen as vendas de híbridos en Galicia en xuño (+67%). No semestre son 3.278 vehículos, máis do dobre que no mesmo período do ano anterior. O mesmo pasa cos turismos de gas, as matriculacións entre xaneiro e xuño foron 267, case o triplo que un ano antes.

Temas: AUTOMOCIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta