Bugallo destaca o avance tecnolóxico da nova EDAR que a converterá na "máis avanzada de Galicia"

O rexedor quixo referirse este venres, en rolda de prensa, ao uso de tecnoloxía baseada en membranas 'MBR', a máis avanzada na actualidade e que permitirá contar cunha mellor calidade de auga no río Sar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2021 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou este venres o avance tecnolóxico que suporá para a cidade a construción da nova EDAR, que situará a estas instalacións como "as máis avanzadas de Galicia" nesta materia e que garantirán "o maior e mellor nivel de depuración" de augas.

O contrato para a redacción do proxecto construtivo, execución, posta en marcha e explotación foi adxudicado o pasado 24 de xuño polo Consello de Administración de ACUAES por un montante de 55,9 millóns e as obras están proxectadas para arrincar ao longo de 2022, finalizar en 2025 e entrar en funcionamento ao ano seguinte.

O rexedor quixo referirse este venres, en rolda de prensa, ao uso de tecnoloxía baseada dean membranas 'MBR', a máis avanzada na actualidade e que permitirá contar cunha mellor calidade de auga no río Sar. Así mesmo, o será en circuíto pechado e permitirá suavizar "radicalmente" a emisión de cheiros e o primeiro ano de xestión correrá a cargo da empresa adxudicataria da obra.

Bugallo lembrou que se trata da proposta que el xa defendía en 2010 e que coñeceu durante unha visita á depuradora da diagonal de Barcelona, que leva en bo funcionamento "preto de 20 anos".

O problema por aquel entón, engadiu, era que se trataba dunha tecnoloxía "moi cara" e que se servía de elementos con "pouca duración". "Ese tema cambiou moitísimo, afortunadamente", sinalou, posto que as membranas son de maior calidade, e contan cunha maior vida útil a metade de prezo que hai unha década.

PLENO MUNICIPAL

Doutra banda, Bugallo referiuse a a marcha de diversos concelleiros do pleno municipal desta semana debido á prolongación da sesión e a que se situou xusto despois a celebración doutra sesión extraordinaria solicitada polo PP para abordar o proxecto Sionlla Biotech.

"Non hai nin houbo ningunha rifa no pleno municipal", matizou o rexedor, quen considerou que ese grupo concelleiros decidiron "no seu dereito" ausentarse dunha sesión na que "todos os grupos decidiron esgotar todos os temas, tempos e todos os prazos".

Neste sentido, o que non ve "coherente" son as queixas trasladadas polos edís polo horario despois de "sete plenos" celebrados entre setembro de 2019 e febreiro de 2020 que terminaron "significativamente despois das 12 da noite".

Nese sentido, considerou que existiu "un intento deliberado para estender o pleno" e defendeu que o biopolo "está en marcha" e que "os prazos se van a cumprir", para despois destacar que se fixeron máis cousas e máis pasos "no últimos seis ou sete meses" que "no seis anos anteriores".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo / Europa Press. / Europa Press
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta