Un conductor morto en Vilagarcía logo de caer por un terraplén e dar volta co coche

Os bombeiros excarceraron ao condutor, único ocupante do vehículo, pero xa se atopaba falecido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2021 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

Unha persoa morreu na tarde deste sábado en Vilagarcía de Arousa tras caerse por un terraplén e envorcar co coche que conducía.

Segundo informan fontes do 112 Galicia, ocorreu sobre as 16,30 horas. Foi un particular quen chamou á central de emerxencias para alertar do ocorrido.

Seguidamente, o 112 pasou o aviso do sinistro a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros do Salnés e ao Servizo de Emerxencias Municipal de Vilagarcía, así como á Policía Local.

Os bombeiros excarceraron ao condutor, único ocupante do vehículo, pero xa se atopaba falecido.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta