Homenaxe ao García Lorca "galego" na Festa da Palabra no Carballiño

O presidente ouresano, Manuel Baltar, resaltou a "unión" entre García Lorca e Galicia, explicitada na súa amizade con Eduardo Blanco Amor ou a súa relación cos galegos da Habana, Buenos Aires e Montevideo.

Por E.P. | O Carballiño | 03/07/2021 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

localidade ourensá do Carballiño rendeu este sábado tributo ao Federico García Lorca "galego" durante a décimotercera ' Festa da Palabra' na que se recoñeceu a traxectoria de Yolanda Castaño, Vidal Souto, Orfeón do Carballiño, Maribel Outeiriño, Marisol Nóvoa, Fundación Amaranta e Diego Martínez Duro.

O conselleiro Román Rodríguez entrega un premio na Festa da Palabra
O conselleiro Román Rodríguez entrega un premio na Festa da Palabra | Fonte: Luis Polo Xunta

Todos eles conforman o palmarés dos premios 'Ínsua dos Poetas' 2021, que se entregaron nun acto celebrado na mañá deste sábado na zona da Esgueva do Carballiño. Os seis poemas galegos do escritor granadino foron os protagonistas do evento literario, que contou coa asistencia de varias personalidades como os conselleiros de Cultura, Román Rodríguez, e Medio Rural, José González, ou os presidentes do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, e a Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Ademais, a ' Festa da Palabra' tamén entregou os seus premios anuais, que nesta ocasión foron a parar a Yolanda Castaño na categoría de literatura, ao falecido Vidal Souto --a título póstumo-- en artes plásticas), ao Orfeón do Carballiño en música e a Maribel Outeiriño no apartado de xornalismo. Ademais, os galardóns tamén recoñeceron as traxectorias no emprendemento de Marisol Nóvoa, na cultura na emigración de Diego Martínez Duro e da Fundación Amaranta-Ourense como mellor iniciativa social.

Durante a súa intervención no acto, o presidente ouresano, Manuel Baltar, resaltou a "unión" entre García Lorca e Galicia, explicitada na súa amizade con Eduardo Blanco Amor ou a súa relación cos galegos da Habana, Buenos Aires e Montevideo. "No 'Universo Lorca', composto por planetas, galaxias, satélites e meteoritos, a partir de hoxe, Ourense ten unha fulgurante estrela propia", sinalou Manuel Baltar.

Pola súa banda, os representantes da Xunta destacaron a ' Festa da Palabra' do Carballiño como "unha cita crave no calendario cultural galego" e agradeceu "o esforzo" dos seus promotores. Ademais, enxalzaron a figura do homenaxeado, un García Lorca que constitúe "unha icona atemporal do teatro, a poesía e mesmo a música" do país, "un xenio que se namorou de Galicia desde a súa primeira visita e que quedou fascinado pola súa identidade, cultura e lingua".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Riolo

Cualquier persona decente no puede compartir nada con José Manuel Baltar

1 Odedonolho

Infelizmente, vivemos num país de ignorantes que não mencionam a figura de Guerra da Cal, sem o qual não existiriam os famosos poemas de Lorca. Pronto, não merecemos existir.