Concorrencia masiva da veciñanza ás reunións sobre o parque eólico de Caaveiro

Enel Green Power quere construír seis parques na zona noroccidental da provincia da Coruña, cunha potencia conxunta de 611 megawatts.

Por E.P. | Ferrol | 04/07/2021 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

A preocupación que está a xerar nos municipios coruñeses de San Sadurniño, Cabanas, Neda e Fene o proxecto de Enel Green Power, para instalar un parque eólico de 14 macromuíños cunha potencia de 78 megawatts, quedou este sábado de manifesto no tres reunións celebradas neste tres últimos municipios para coñecer o alcance real desta iniciativa.

O profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo (UVigo) Xavier Simón Fernández, membro ademais do Observatorio Eólico de Galicia, explicou os detalles dun proxecto impulsado polo Goberno central ao exceder os 50 megawatts, que marcan o límite de competencia entre a Xunta e Madrid.

O tenente de alcalde do municipio de Cabanas, Iago Varela, cualificou de "produtivo" o encontro no seu municipio, que se celebrou esta mañá, porque "permitiu aclarar dúbidas entre os asistentes, sobre todo no que respecta a como afectaría, no caso de que leve adiante, aos usos das parcelas nas que se colocarán os aeroxeradores e lindeiros".

As repercusións sobre o patrimonio histórico, natural e paisaxístico tamén centraron as preguntas dos asistentes. Cabe lembrar que se prevé a instalación de 14 muíños que terán na subestación das Pontes o seu punto de conexión á rede.

Enel Green Power quere construír seis parques na zona noroccidental da provincia da Coruña, cunha potencia conxunta de 611 megawatts.

As entidades que se opoñen a estes macroproxectos destacan, como fixo a Xunta no seu momento, que non se localizarían nas áreas de desenvolvemento eólico deseñadas pola Administración autonómica.

As entidades e particulares teñen de prazo ata o día 27 deste mes para presentar alegacións ao estudo de impacto ambiental.

Aeroxeradores . IBERDROLA
Aeroxeradores . IBERDROLA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta