Paremias galegas equivalentes á castelá “no es oro todo lo que reluce”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 11/07/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Transitando polo carreiro, principiado hai un par de entregas, de fraseoloxía relacionada cos enganos ou equívocos a que nos poden levar as falsas aparencias, imos desta feita con paremias e secuencias que se veñen a corresponder á castelá no es oro todo lo que reluce:

Anverso e reverso da moeda de ouro da serie 'Era do Aceiro e o Vidro', da colección 'Idades de Europa'.
Anverso e reverso da moeda de ouro da serie 'Era do Aceiro e o Vidro', da colección 'Idades de Europa'.

No es oro todo lo que reluce

No es oro todo lo que brilla

{= Paremia con que se recomenda non se fiar da aparencia externa de persoas e cousas e con que se advirte de que non todo o que de primeiras, ou a simple vista, parece bo ou beneficioso o é.}

Non é ouro todo o que reloce

Non é todo ouro o que reloce

Non todo o que reloce é ouro

Non é de ouro todo o que reloce

[E MAIS]:

Non todo o que brilla é ouro

Non todo o que loce é ouro

Ex.: Es una pareja asiduda de las revistas del corazón y parece que ambos solo irradian felicidad, pero hay voces que dicen que no es oro todo lo que reluce y que ya no hacen vida de casados desde hace meses.

É unha parella asidua das revistas do corazón e parece que ambos só irradian felicidade, pero hai voces que din que non é ouro todo o que reloce que non é todo ouro o que reloce que non todo o que reloce é ouro que non é de ouro todo o que reloce e que xa non fan vida de casados desde hai meses.

● E mesmo tamén:

No es oro todo lo que reluce ni harina todo lo que blanquea

Non é ouro todo o que reloce nin trigo todo o que se coce && Non todo o branco é fariña

● E inda:

Nin ouro é todo canto se ve # todo o que se ve && Nin é ouro todo o que reloce nin brilla canto se ve && [E MAIS]: Non é cera todo o que arde

● E tamén, nesta mesma liña:

No son todos ruiseñores lo que cantan entre las flores

Non todos son reiseñores os que cantan entre as flores && Non son todos reiseñores os que andan entre as flores

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Ferro Ruibal, Xesús & Surribas Díaz, Noelia: “Locucións, fórmulas e paremias galegas anotadas por Couceiro Freijomil (1888-1955)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 319-355. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Groba Bouza, Fernando: “Nas uñas, nas mans ou nos pés has saír a quen es”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 357-437. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Losada Álvarez, Ramón & Fernández Pampín, Vanesa: “Falares de Boqueixón”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 151-213. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Pereira Ginet, Tomás: “Fiando paremias (I): glosario paremiolóxico multilingüe galego, portugués, castelán, francés, italiano e inglés”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 191-223. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Taboada Chivite, Xesús: Refraneiro Galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 2, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta