Ourense pasa ao nivel medio, mentres que estarán no alto Sarria, Cambados, A Illa, Vilanova e Vilagarcía

Comparte restricións medias con Ourense o municipio lindeiro de Barbadás, así como Ribadavia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 22:42

Comparte esta noticia

Ourense únese a Pontevedra en dar marcha atrás no proceso de desescalada debido á negativa evolución epidemiolóxica da pandemia de coronavirus e ambas as cidades estarán desde a medianoite do próximo sábado no nivel medio de restricións.

Á marxe das decisións xerais que comuniquen este mércores en rolda de prensa as autoridades sanitarias galegas tras a reunión do comité clínico, os locais de lecer nocturno en Ourense deberán botar o peche, xa que este tipo de negocios só pode abrir cando o municipio no que están situados está no nivel medio baixo.

As restricións altas, que supoñen que os locais de hostalaría deben ter pechado o seu interior e só poden empregar o 50% das prazas das terrazas, aplicaranse en catro municipios da comarca do Salnés: A Illa de Arousa e Vilagarcía de Arousa, así como Cambados e Vilanova de Arousa, que xa estaban neste nivel. Prosegue unha semana máis con estas limitacións o municipio lucense de Sarria.

Pola súa banda, comparte restricións medias con Ourense o municipio lindeiro de Barbadás, así como Ribadavia. Neste nivel seguirán Pontevedra e o concello limítrofe de Poio, pero sumar Marín, así como Redondela, Salceda de Caselas e Caldas de Rei.

Tamén haberá desde o sábado restricións medias, que implican que a hostalaría só pode ocupar o 30% das prazas no seu interior e a metade das terrazas, no municipio coruñés de Culleredo. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo, que permite unha ocupación total das terrazas e a metade do aforamento interior.

Varias persoas nunha terraza de Vigo
Varias persoas nunha terraza de Vigo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta