Galicia suma 215 contaxios polo "megabrote" de Mallorca e 173 persoas permanecen en corentena

En canto aos nove galegos que permanecen en corentena en Mallorca, seguen evolucionando favorablemente sen necesidade de asistencia sanitaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O 'megabrote' con orixe en Mallorca supera xa as 200 persoas afectadas na Comunidade galega. Así, hai 215 persoas contaxiadas por mor das viaxes de estudantes realizados ás illas e, como consecuencia, 173 persoas en corentena.

Dous policías locais fan garda fronte ao hotel Palma Bellver, onde estaban confinados 249 mozos que tiveron relación directa ou indirecta co brote dunha viaxe de estudos a Mallorca, a 30 de xuño de 2021. Isaac Buj - Europa Press
Dous policías locais fan garda fronte ao hotel Palma Bellver, onde estaban confinados 249 mozos que tiveron relación directa ou indirecta co brote dunha viaxe de estudos a Mallorca, a 30 de xuño de 2021. Isaac Buj - Europa Press | Fonte: Europa Press


Segundo os datos achegados este mércores polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, das 215 persoas contaxiadas, Pontevedra concentra a maioría con 144. Ademais, na área da Coruña hai 38 infectados, na de Lugo hai 17, na de Vigo hai 12 e na de Ourense un total de catro. Como contactos permanecen en corentena 173 persoas.

En canto aos nove galegos que permanecen en corentena en Mallorca, seguen evolucionando favorablemente sen necesidade de asistencia sanitaria. Neste sentido, Comesaña indicou que Galicia está en permanente contacto coas autoridades sanitarias baleares e coas familias dos mozos que están nesta situación.

Finalmente, sobre o grupo de 21 galegos que regresaron en barco ao porto de Valencia, ademais dos cinco que deron test positivo á súa chegada a porto, outro seis dos 15 que viaxaron no autobús a Galicia tamén se contaxiaron de SARS-Cov-2. Deste xeito, dese grupo de 21 rapaces, 11 xa deron positivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta