Restablecen dende este domingo todos os trens no corredor entre Ferrol e Oviedo

As liñas foron suprimidas durante a pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Renfe restablece a partir deste domingo, 11 de xullo, todos os servizos de tren de Media Distancia de ancho métrico do corredor entre Ferrol e Oviedo.

Con motivo do inicio da tempada de verán, a compañía informa, nun comunicado, desta recuperación de liñas suprimidas durante a pandemia.

De tal forma, circularán trens diarios de Ferrol a Ribadeo ás 10,45 horas e ás 19,05 horas. De Ribadeo a Ferrol irán ás 6,55 horas e ás 15,00 horas.

Tamén circulará diariamente o tren Ferrol-Oviedo con saída ás 15,30 horas, así como o Oviedo-Ferrol con saída ás 14,30 horas.

Tren. RENFE - Arquivo
Tren. RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta