Galicia case duplica os novos contaxios da covid nunha semana

Supera os 3.230 casos activos de Covid-19 tras dispararse os novos contaxios a 412.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2021 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Galicia alcanza os 3.231 casos activos de Covid-19, que supoñen máis de 1.390 máis que hai unha semana, tras dispararse os novos contaxios a 412, que implican 45 máis que o día pasado; mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavorus mantéñense en 58 --nove deles en ICI-- e a taxa de positividade segue nun 5,8%.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, descenden a nove as persoas ingresadas na UCI pola Covid --tres menos-- e soben a 49 as que permanecen noutras unidades --tres máis--. Pola súa banda, 3.173 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas da Coruña e Cee, Pontevedra e O Salnés e Santiago e Barbanza; mentres que aumenta nas de Vigo, Ourense, Ferrol e Lugo.

Deste xeito, na da Coruña e Cee descenden a dous os pacientes Covid en UCI --un menos-- e baixan a 18 os que permanecen noutras unidades --dous menos--. Na de Pontevedra e O Salnés redúcense a tres os ingresados en UCI --dous menos-- e seguen 11 noutras unidades.

Mentres, na de Santiago e Barbanza segue un ingresado pola Covid en UCI e queda un noutra unidade --un menos--. Por contra, a de Ourense aínda que continúa sen pacientes críticos, rexistra catro noutras unidades --un máis--.

Tamén a de Vigo segue sen pacientes Covid en UCI e conta con sete noutras unidades --dous máis--; mentres que a de Lugo continúa cun en críticos e concentra catro noutras unidades --un máis--. E a área de Ferrol mantense con dous pacientes Covid ingresados en UCI e rexistra un aumento a catro dos hospitalizados noutras unidades --dous máis--.

REPUNTAN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 superan a barreira dos 3.000 para situarse en 3.231, cando hai unha semana atopábanse en 1.837, o que implica un aumento de 1.394 en sete días, o que supón un novo ascenso por décimo quinta xornada consecutiva. Por tanto, hai 314 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (412) que altas (97), ao que se suma unha nova vítima mortal.

Deste xeito, os casos activos de Covid sitúanse en niveis similares ao 27 de agosto do ano pasado, cando había 3.202 infeccións activas, mentres que o 28 de agosto ascenderon a 3.398. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan de novo nas sete: Ourense (+84), Vigo (+64), A Coruña e Cee (+40); Lugo (+38), Santiago e Barbanza (+38), Pontevedra e O Salnés (+35) e Ferrol (+15).

Así, a área da Coruña e Cee segue á cabeza con 709 casos activos; seguida da de Vigo, con 636; Pontevedra e O Salnés, con 615; Ourense, con 483; Lugo, con 352; Santiago e Barbanza, con 313; e á cola mantense Ferrol, con 123.

MÁIS DE 400 CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por encima dos 400 ata os 412, que representan 45 máis que os 367 da xornada pasada e 154 máis que fai sete días, tras arrincar esta semana con 244. Por tanto, continúa a tendencia iniciada o xoves 24 de xuño, cos contaxios por encima do centenar.

En toda Galicia foron confirmados 410 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 44 máis que a xornada pasada, dos cales 91 corresponden á área de Ourense; 85, á da Coruña e Cee; 77, á de Vigo; 49, á de Pontevedra e O Salnés; 47, á de Lugo; 45, á de Santiago e Barbanza; e 16, á de Ferrol.

Arquivo - Terrazas de restaurantes cheas de xente en Santiago de Compostela.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Terrazas de restaurantes cheas de xente en Santiago de Compostela.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press


Galicia realizou 2.396.454 PCR desde o inicio da pandemia, que implican 5.118 probas máis que as contabilizadas ata a xornada anterior e unhas 200 menos que as feitas o día pasado.

En canto á taxa de positividade das PCR en Galicia mantense nun 5,82% tras dispararse a xornada anterior a un 5,86%, despois de iniciar a semana nun 3,6% e reducirse a un 2,7% o martes. Por iso, segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galicia non superaba desde o 15 de febreiro (fíxoo nos datos do xoves 1 de xullo, pero a taxa foi recalculada posteriormente).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta