Indignación de Xunta e sindicatos galegos co ministro Garzón polo seu "ataque frívolo" ao sector da carne

Os animalistas Libera aplauden a súa "valentía" ao advertir do "impacto nocivo" da gandaría intensiva.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/07/2021 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

As declaracións do ministro de Consumo, Alberto Garzón, sobre o consumo de carne provocaron a indignación da Xunta e sindicatos agrarios como Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, que tachan as súas palabras de "ataque" ao sector e ven as súas declaracións "frívolas".

O ministro Alberto Garzón
O ministro Alberto Garzón | Fonte: E. Parra. POOL - Europa Press.

Así, a Xunta censura a "irresponsabilidade" do ministro "ao atacar o sector cárnico" e, pola súa banda, reafirma o seu apoio a un ámbito produtivo "esencial" do agro galego.

Á vez que rexeita as declaracións de Garzón, o Goberno galego celebra que o seu homólogo de Agricultura "si defenda" ao sector, do que lembra "que se revelou como fundamental durante a pandemia".

Respecto diso, apunta que 4.621 produtores de gando vacún recibiron case 7 millóns de euros en axudas directas da Xunta para sufragar parte das perdas derivadas da covid.

Ademais, indica que a Consellería de Medio Rural impulsa, "de acordo cos axentes deste ámbito alimentario", unha estratexia de dinamización do sector da carne, "semellante" á que xa se fixo para o lácteo e estase facendo co viño.

SINDICATOS

Pola súa banda, Unións Agrarias tacha de "frívolas e indocumentadas" as declaracións do ministro, cuxa argumentación, asegura, "non vai máis aló de ser unha sorte de falacias para darse visibilidade mediática en base a atacar o sector".

Do sector afirma, pola contra, que é "sen dúbida o máis comprometido coa sustentabilidade do planeta, a loita contra o cambio climático, a produción de alimentos de calidade para os cidadáns, e cos obxectivos do benestar animal".

Pola súa banda, chámalle a atención que os datos que usa Garzón "contradín mesmo os achegados polo Ministerio de Transición Ecolóxica no rango de emisión de contaminantes pola gandaría".

"Dicir que o vacún de carne galego compromete a viabilidade do manto vexetal resultaría cómico se esas declaracións non comprometesen a viabilidade de explotacións que son o único activo económico en moitas comarcas", denuncia.

Por todo isto, entre outras cuestións, urxe "algo de sentidiño" por parte do Goberno central na relación das propostas políticas "coas realidades e os feitos que establece a ciencia".

Pola súa banda, o Sindicato Labrego Galego pide a retirada da campaña #MenosCarneMásVida do Ministerio por "enganosa e falaz" e expresa a súa "máis absoluta indignación" porque con ela "se criminaliza" o consumo da carne "a través de medias verdades que van crear unha gran confusión entre a cidadanía". O vídeo de Garzón, critica, é "unha cadea de despropósitos" que esta organización agraria non tolera, entre outras cuestións, porque "mete no mesmo saco as producións sustentables en base a pastos e terra coas producións industriais e intensivas sen terra".

"Dedica só 10 segundos a mencionar de pasada que existe a posibilidade de producir carne de maneira sustentable", incide. Así, engade que a produción sustentable "é necesaria para loitar contra o quecemento global e para manter a estrutura socioeconómica dos territorios".

Neste contexto, anima o Executivo a realizar accións "que de verdade teñan un impacto positivo no medio ambiente e na saúde", como "fomentar o consumo de carne de calidade producida localmente", reducir "drasticamente" as importacións e exportacións alimentarias pola alta emisión de gases con efecto invernadoiro que supoñen e apoiar as producións agroecológicas.

ANIMALISTAS

Quen si aplaude o que considera "valentía" do ministro Garzón é o grupo ecoloxista Libera, que fala de "impacto nocivo" da gandaría.

"Países e cidades de todo o mundo levan anos suxerindo unha rebaixa do consumo de produtos cárnicos", apunta, antes de sinalar ao "lobby procarne" e asegurar que "lanza campañas para ridiculizar ás persoas veganas e vexetarianas mentres manobra nos despachos".

De acordo cos datos deste colectivo, o 8% da poboación galega declara seguir unha alimentación baseada en vexetais.

PORCO CELTA

Por outra banda, precisamente este xoves, o director xeral de Gandaría, José Balseiros, desprazouse á provincia de Lugo para visitar dúas explotacións de porco celta.

Así, a Xunta destaca que reafirma o seu compromiso coa promoción da raza autóctona e a mellora das súas explotacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Riolo

Los comunistas caviar quieren controlar totalmente nuestra vida, mientras que se forran y arruinan al resto. Son exactamente los mismo que en Galicia quieren restituir la Laguna de Antela sin haber cogido un sacho en su aburrida vida.

1 Sentidiño

1) O Sindicato Labrego Galego mantén que Garzón "mete no mesmo saco as producións sustentables en base a pastos e terra coas producións industriais e intensivas sen terra". Non é certo. El insiste na diferenza entre explotacións intensivas e explotacións extensivas. 2) O presidente do goberno español fixo o paiaso coa chorrada do chuletón, e García-Page fixo populismo de dereitas, como corresponde aos señoritos: igualiño que Casado, imitador do Aznar libertario só cando se trata do consumo de viño. Non teño mou claro a qué partido peretence garcía peich....

1 Viriatus

Sentidiña, para payasadas lo tuyo es de cum laude con mención extraordinaria. Se ve que te mola garzonetti, y dices si buana a todas las ocurrencias de tus jefes upegallos. Si no quieres carne no la comas y dale a la alfalfa que es coherente con tu pensamiento, pero deja a los demás que coman lo que les de la gana.

2 Casimiro

Trátase do linchamento mediático de Garzón, previo a eliminar o ministerio na próxima remodelación. Nada teño que ver con PcE-Podemos, e Garzón pouco fixo (tocou o xogo un pouco, ou nada nos recibos da luz, nada en direitos dos consumidores). Agora ben, as respostas do Pájaro de Castilla-La Mancha son propias dun senvergoña impresentable (e van xa moitas), manipuladas polos sindicatos de mentira (non teñen base, logo non representan a ninguén, salvo a súa família de vividores, como no caso de Monse Cortiñas). No caso de Sánchez, evidencia que non é de fiar. Un títere de presidente (á altura de Cascado, Arrumadas e Abascal El Facha).