Gandeiros fórmanse no control das malas herbas entre o millo forraxeiro en ecolóxico

A xornada tivo lugar en Boimorto co obxectivo de "dar a coñecer novas técnicas de produción".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

Un total de 30 gandeiros galegos participaron nunha xornada de formación organizada pola Xunta sobre a identificación de oportunidades de control de herbas adventicias --coñecidas como malas herbas-- na produción de millo forraxeiro en ecolóxico.

Nun comunicado, a Consellería de Medio Rural informou de que o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude foi o encargado de organizar o curso na leira de produción ecolóxica 'A Sobreira', do municipio de Boimorto, co obxectivo de "dar a coñecer novas técnicas de produción forraxeira".

Desde Medio Rural sinalaron que estes procedementos mecánicos de control de malas herbas "resultan de gran interese para a produción ecolóxica de forraxes". A aposta da Consellería por estas técnicas segue a liña que marca a Política Agraria Común (PAC) en materia de sustentabilidade no uso de fitosanitarios para o control deplagas adventicias.

O proceso formativo foi organizado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), no marco do plan de formación continua 2021 que deseñou "para contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector tanto agrícola como forestal" a nivel técnico e económico mediante a oferta de distintos cursos de formación.

Gandeiros galegos fórmanse no control mecánico das malas herbas na produción de millo forrajero en ecolóxico. XUNTA
Gandeiros galegos fórmanse no control mecánico das malas herbas na produción de millo forrajero en ecolóxico. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta