O alcalde de Láncara enviará ao ministro Garzón un chuletón de tenreira galega: "Producimos carne de calidade e en extensivo"

O socialista Darío Piñeiro responde así as declaracións sobre reducir o consumo de carne.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/07/2021 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O ministro de Consumo, Alberto Garzón, recibirá esta semana un chuletón de tenreira que lle remitirá o alcalde de Láncara (Lugo), o socialista Darío Piñeiro, tras as polémicas declaracións sobre reducir o consumo de carne.

O ministro Alberto Garzón
O ministro Alberto Garzón | Fonte: E. Parra. POOL - Europa Press.

Ademais, o rexedor acusa ao tamén dirixente de Esquerda Unida de "non distinguir" as explotacións intensivas das extensivas, que son maioritarias en Galicia.

O rexedor argumenta que no seu concello hai "unhas 400 explotacións" e que "a maioría" delas son de carne. "Aquí producimos carne de calidade e en extensivo", presume.

Deste xeito, Piñeiro enviará esta semana desde Láncara un chuletón para que o ministro "poida ver que a carne de Galicia é unha carne de calidade e que se pode comer tranquilamente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta