A ONCE dedica o seu cupón do próximo sábado ao lago artificial das Pontes

A edil de Turismo, Elena López Seco, agradece a inciativa por impulsar o reclamo turístico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A ONCE dedica o seu cupón do próximo sábado, 17 de xullo, ao lago das Pontes de García Rodríguez. Cinco millóns e medio de boletos levan xa por toda España a imaxe do que é o lago artificial máis grande de Europa.

O presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro, entregou este martes á concelleira de Turismo e Consumo do municipio, Elena López Seco, unha reprodución do orixinal do cupón enmarcada e sinalou que a organización está "moi presente" na comarca do Eume, onde ten un "número significativo" de afiliados e vendedores.

A edila, pola súa banda, agradeceu a iniciativa por impulsar o reclamo turístico ao lado, que é "todo un mar cunha masa de auga doce con todas as posibilidades para o deporte e o lecer náutico".

O presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro, entrega á concelleira de Turismo e Consumo das Pontes (A Coruña), Elena López Seco, unha recreacion do boleto.. ONCE
O presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández Lamigueiro, entrega á concelleira de Turismo e Consumo das Pontes (A Coruña), Elena López Seco, unha recreacion do boleto.. ONCE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta