A Casa de Rosalía celebra os 50 anos con música, poesía e reivindicación

A Casa da Matanza acollerá diferentes actos para celebrar a súa inauguración como Casa-Museo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2021 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón inaugurábase o 15 de xullo de 1971. 50 anos despois da apertura, celébrarase o aniversario cun acto institucional na Casa da Matanza, que ademais tamén conmemora os 136 anos do pasamento da autora. 

Casa-museo de Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa da Matanza, hoxe Casa-Museo de Rosalía de Castro
Casa-museo de Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa-Museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fundación Rosalía Casa da Matanza, hoxe Casa-Museo de Rosalía de Castro | Fonte: Rosalía.gal

Aínda que a casa na que viviu a escritora galega abriu ao público no 1971, non foi musealizada ata o ano seguinte en base a un proxecto realizado por Xosé Filqueira Valverde, converténdose en museo en pleno franquismo. A implicación de milleiros de persoas e entidades do país e da emigración fixo posible a recuperación desta casa, que ficou baleira dende a morte de Rosalía. Non sería ata o 1951 cando se realizou a primeira restauración e foi a partir da presidencia de Sixto Seco cando se inaugurou como Casa-Museo.

O 15 de xullo a Casa da Matanza acollerá ás 20.00 unha actuación do barítono Eliseu Mera e do pianista Cándido Cabaleiro, que interpretarán pezas do disco "Rosalía Cantada". Tamén se entregará a Rosa de Galicia a Xosé Ramón Barreiro e o comisario Pepe Barro realizará unha intervención sobre os "Cincuenta anos da Casa de rosalía". O acto institucional contará cun recital muntilingüe con poetas chegados de toda a Península, como Anna Gas, Antón Blanco e Alba Cid, entre outros. 

Durante ese mesmo día haberá outros actos como un encontro entre poetas locais na Casa dos Capeláns, en Iria, así como unha actuación do cantautor Secho. Con este acto, que se celebrará as 12.30h, botan a andar as xornadas Rosalía en Camiño, diálogos literarios multilingües que se celebrarán dende o 15 ao 17 de xullo. 

Estas non son as únicas celebracións, pois co gallo do aniversario da Casa da Matanza, sucederanse diversas actividades dende xullo do 2021 a xullo do 2022, entre as que destacan a terceirta edición do festival Abride a Fiestra, con actuacións de Uxía, Verto e Berlai. Tamén se celebrará a Inchadiña Branca Vela -unha homenaxe a Rosalía das xentes do mar o 24 de xullo-, unha exposición itinerante sobre a historia da institución e reformarase o auditorio da Casa-Museo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta