Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2021 | Actualizada ás 14:05
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de presentar a campaña Queremos Galego, coa que queren conseguir que se garanta unha presenza equitativa do galgo no proxeto de lei xeral de comunicaicón audiovisual que se publicará nos próximos meses. Con esta campaña, presentada na mañá do 15 de xullo en Compostela, comeza a segunda fase da Iniciativa Xabarín.
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, apunta: "Comenzamos a segunda fase da Iniciativa Xabarín para levantar de vez o bloqueo á presenza do galego no audiovisual. Como país non podemos perder esta oportunidade que, ademais, tería un beneficio directo na economía galega, nomeadamente no sector cultural".
A Iniciativa Xabarín, que acadou 33.000 firmas, refrendouse co acordo unánime do Parlamento galego. Esta iniciativa esixía o aumento da programaión infantil de calidade nas canles da CRTVG, así como garantir o acceso a todos os contidos audiovisuais en liña con opción dobrada. A Iniciativa Xabarín instaba a que a Lei Xeral de comunicación audiovisual "recoñecese a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lendaxe, e audiodescricións nas canles e plataformas lineais ou baixo demanda", como apuntan dende a Mesa.
Marcos Maceira, recorda que dos 25872 títulos entre series e filmes dispoñibles nas principais plataformas de televisión, practicamente todos ontan con versión orixinal ou dobrada ao español e lexendado en español ou inglés pero só 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción sobrada ou lexendada á nosa lingua.
A Mesa pola Normalización Lingüística enviou o pasado 10 de xullo as alegacións correspondentes á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual á Secretaría de Estado de Telecomunicacións solicitando o recoñecemento da pluralidade ligüística, así como o establecemento dunha porcentaxe idéntica de contidos en castelán e alego en televisión e plataformas ixitais. Nas alegacións tamén solicitan a incorporación do galego e outras linguas cooficiais nos subtítulos, dobraxes e audiodescripcións e piden que se asegure que o artigo 42 da Iniciativa Xabarín, que permita a reciprocidade con Portugal a través do establecemento de dúas canles múltiples para Galicia.
Por outra banda, a Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse en tres ocasións á RTVE para informalos do desenvolvemento da Iniciativa Xabarín e paa dolicitar un encontro no que concretar a proposta. Porén, ata o de agora a dirección estatal de TVE non deu ningunha resposta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.