A Xunta lembra que o botellón "está prohibido" e conleva multas de entre 200 e 300 euros

Avisa de que esta fin de semana "extremarán os controis".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

Xunta lembra aos cidadáns que "o botellón está prohibido" e avisa de que cada participantes pode ser sancionado con multas de entre 200 e 300 euros.

Así o destacou a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia en comunicado tras a reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop) celebrada para velar polo cumprimento das medidas para frear a pandemia contra a Covid-19.

Deste xeito, a Xunta incidiu en que as forzas de seguridade "extremarán os controis" este fin de semana en Galicia "para evitar que se celebren botellóns".

O director xeral de Emerencias, Santiago Villanueva, apelou á responsabilidade da poboación para "evitar que os contagios" de Covid-19 "sigan en aumento".

Reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop).. XUNTA
Reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop).. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta