Un valse venezolano

A verdade é que nestes últimos anos nesta nosa terra aconteceron cousas que, de momento e por moito que digan Rajoy, Feijoo e os seus, están a desfacer o país a cachos. Galicia pasa por momentos malos e o que aconteza de agora en adiante non deixará de ser unha imprevisión con augurios negativos.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 24/12/2013

Comparte esta noticia
As empresas galegas de sempre e as entidades económicas referentes da terra fóronse perdendo, ou si se quere, evaporando e pasando a máns foráneas. Fenosa a Gas Natural, o Pastor ó Banco Popular, Barreras a un grupo mexicano e agora as antigas Caixas a un banco venezolano. 
 
Supoño que, de agora en adiante, teremos a obriga de saber, ou alomenos coñecer a algún nome importante da cultura  ou  persoeiros do país Bolivariano. Sabíamos de Hugo Chavez e das súas charlas circenses interminables,  agora coñecemos a un iluminado como Maduro, e creo que por aquelo de deixar a política a un lado, teremos que coñecer a Antonio Lauro, famoso músico autor duns valses para guitarra moi ben construídos en base a ritmos  da música tradicional venezolana.
 
Digo o de coñecer persoeiros do país latinoamericano pois, por moito que se diga, será dende Caracas dende  onde veñan as directrices  de quen  manda  nas entidades  que antes eran galegas.  Agora lembro cando,  no meu pobo dicían que fulano se fora á facer as américas e marchara para Venezuela. Pois mira que trocaron as cousas, os cartos de Venezuela veñen e mercan as, noutrora, potentes Caixa Nova, Caixa Vigo, etc. fusionadas en Nova Galicia Banco. E logo os gobernantes, entre eles Feijoo, din que foi a mellor solución. Pois será, pero iso terase que demostrar co paso do tempo. Terá que demostrarse con feitos, pois as verbas levas o vento sr, presidente e de boas intencións estámoslle fartos.
 
Vivimos en tempos de incertidume. Por iso na terra de Rosalía, de Curros e Castelao e tantos outros ilustres galegos,  pintan bastos e medra o escepticismo. E para comprobalo  pregunte na rúa si esta operación e boa ou mala. Seguro que   contestaránlle: DEPENDE, o que ven a ser o mesmo que veremos. E non é que sexamos desconfiados por natureza. E que estamos fartos de mentiras. Pero, con todo o acontecido,  non sei por que razón intúo que o tal Banesco, ven a Galicia buscando aforro seguro e estable. Pois o país que goberna Maduro non ofrece seguridade económica e por iso, o de diversificar e buscar lugares  seguros onde nunca poida haber unha nacionalización das entidades económicas. E isto pode ser o motivo fundamental de investir na nosa terra. O dos cretos para as empresas galegas iso verémolo máis adiante. O dos empregos tamén  veremos como queda. E como galego, por aquelo de coñecer algo do país que compra a entidade estrela da terra de Breogán, coñecezamos algúns persoeiros, ritmos e cultura dese país. Eu propoño, por ser amante da guitarra, coñecer a  música de Antonio  Lauro na que destacan os valses venezolanos. E   esperemos acontecementos, pois non vaia ser que, como ven sucedendo ultimamente, sempre salga o contrario do que din os gobernantes da Xunta e de Madrid, e o que agora  parece inicialmente menos malo, sexa un fiasco en toda regla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com