Feijóo di que en Sanxenxo se axustaron as medidas pola "idiosincrasia" da vila pero agora toca "nivel máximo"

Preguntado en rolda de prensa por se á vista de que Sanxenxo saltou ao nivel máximo de restricións desde a semana pasada á actual, Feijóo argumentou que houbo "un impacto na poboación flotante" e "hai que ter un mínimo de interpretación da situación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xustificou que a localidade de Sanxenxo ten unha "idiosincrasia" propia, polo que o nivel de restricións que se impuxeron no seu caso a semana pasada e na actual atenderon a esta cuestión, que ten que ver con que a poboación multiplícase ata por cadro en período de veraneo. Pero agora tócalle "o nivel máximo", dixo.

A semana pasada, Sanxenxo quedou en nivel medio alto de restricións a pesar de contar cunha incidencia acumulada de 500 casos por cada 100.000 habitantes, igual que localidades da contorna que pertencen á mesma área sanitaria e que foron colocadas en nivel alto de restricións, como é o caso de Cambados ou Vilagarcía.

Esta situación permitiulle durante o fin de semana manter a hostalaría aberta no interior cun 30 por cento e en terrazas ao 50 por cento. Alcaldes veciños protestaron contra o que consideraron era unha distinta "vara" de medir e reclamaron unha revisión do seus status, que foi escoitada pero non atendida no subcomité clínico do pasado venres.

Ao que deu o seu aval a Consellería de Sanidade foi a que localidades con nivel alto ampliasen o espazo que ocupaban as terrazas de hostalaría, é dicir, que os concellos permitisen a ocupación da vía pública o suficiente para manter o mesmo número de mesas que se tivesen autorizado o 100 por cen de aforamento, mantendo iso si a distancia preceptiva.

EXPLICACIÓNS DO PRESIDENTE

Preguntado en rolda de prensa por se á vista de que Sanxenxo saltou ao nivel máximo de restricións desde a semana pasada á actual, Feijóo argumentou que houbo "un impacto na poboación flotante" e "hai que ter un mínimo de interpretación da situación".

Así, sinalou que Sanxenxo "cuadriplica" a poboación real durante a época de verán e "hai que axustar este feito a unha cuestión fundamental, que é a idiosincrasia nestas datas". "Pero cando toca, Sanxenxo ou outro concello, aplicamos as medidas", remarcou, para sinalar que por iso agora a localidade costeira das Rías Baixas estará desde o sábado en nivel máximo de restricións, "aínda axustando a poboación flotante".

"Lamentándoo profundamente, non podemos facer ningunha excepción nin con Sanxenxo nin con ninguén", indicou Feijóo para apoiar as decisións desta semana. Con todo, o nivel máximo de restricións permite, desde este sábado, manter a hostalaría aberta (non así antes), tanto en exterior como en interior (ao 30 por cento), pero para acceder aos salóns é preciso contar cunha PCR negativa ou certificado de vacinación con pauta completa.

Precisamente, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, valorou " positivamente" que se permita o 30 por cento de aforamento nos interiores da hostalaría. Sobre a situación do concello, que no últimos sete días contabilizou 199 contagios, o rexedor advertiu de que o crecemento "foi explosivo". "Temos que esforzarnos para revertelo, fixémolo noutras ocasións e podémolo volver facer", sentenciou.

Un home bota unha foto a unha muller no paseo marítimo da praia de Sanxenxo. Beatriz Ciscar - Europa Press
Un home bota unha foto a unha muller no paseo marítimo da praia de Sanxenxo. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 pere

Medidas con pouco sentidiño...