O alcalde de Sanxenxo, a sanitarios: "que se deixen de facer política, non merecen os seus postos"

Telmo Martín (PP) declárase "en contra" dos sanitarios do PAC de Baltar que se mobilizan contra a sobrecarga de pacientes. "O outro día non denunciei a un de casualidade", asegurou nun pleno do Concello de Sanxenxo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2021 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

“Estou en contra dalgúns [traballadores do PAC] que están facendo as cousas moi mal porque lles dá a gana, e non merecen o traballo que teñen”. Esas foron algunhas das palabras que resoaron no pleno ordinario do Concello de Sanxenxo do pasado luns 26. O artífice non foi outro que o alcalde Telmo Martín, rexedor do concello pontevedrés polo PP dende maio de 2017.

Telmo Martín González. EUROPA PRESS - Arquivo
Telmo Martín González. EUROPA PRESS - Arquivo

Martín prendeu a polémica no pleno do concello sanxenxeiro tras recibir unha pregunta de Ainhoa Fervenza, edil polo PSdeG. A socialista interpelou ao alcalde a respecto das demandas dos sanitarios do PAC de Baltar, que dende hai polo menos un ano levan loitando ante as administracións para reclamar reforzo profesional. Denuncian que no centro sanitario o colapso de pacientes é unha constante; en particular nos meses estivais, cando as localidades veciñas multiplican a súa poboación polo pulo do turismo. 

A intervención de Telmo Martín esténdese apenas durante tres minutos, pero abondou ao rexedor popular para deixar clara a súa opinión sobre as mobilización no PAC e regar de polémica un momento particularmente tenso do pleno. “O PAC de Baltar funciona ben, pero voulle dicir eu como podería funcionar mellor”, destacou o alcalde, antes de subliñar: “se algúns dos profesionais que hai alí se dedicaran máis ao seu labor como médico e como enfermeiros e non a facer política”.

As afirmacións de Martín prenderon a incredulidade da edil socialista, que viu tales palabras como “indignas do posto que ocupa”. “Non merecemos un alcalde que fale así”, destacou a socialista. Pouco atrás xa cargara contra as intervencións do rexedor cando este, para destacar o seu diálogo cos sanitarios, afirmou telos levado ao Náutico de San Vicente “a tomar uns pinchos”. “É que non queren pinchos, queren reforzos”, espetoulle a edil socialista. 

O enfrontamento continuou da man do rexedor popular. “Eu xa sei que non son politicamente correcto”, asegurou antes de destacar que “pago un seguro privado pero emprego a sanidade pública”. O alcalde destacou entón que, aínda que lle “gustaría” contar con máis médicos en Baltar, a “falta de profesionais sanitarios” impide reforzar o cadro de persoal. Martín subliñou, en paralelo á versión empregada polo Sergas en reiteradas ocasións, que se trata dun problema presente en toda Galicia. 

"NON DENUNCIEI A UN DE CASUALIDADE"

Con todo, Martín engadiu novas declaracións a respecto do centro veciño. “Hai algúns profesionais do PAC de Baltar que se dedican... eu o outro día non denunciei a un de casualidade porque vin cousas que non me gustaron nada”. Entón foi cando subliñou que “estou en contra de algúns que están facendo as cousas moi mal porque lles dá a gana, e non merecen o traballo que teñen”. 

A continuación incidiu que “moitos profesionais funcionan moi ben, e o PAC de Baltar funciona moi ben”, non sen logo destacar que outros traballadores “teñen que deixar de facer política”. “Non me vai falar do PAC de Baltar vostede”, espetoulle á edil socialista pouco antes de pasar á seguinte cuestión da orde do día. “Dáme igual o que diga, señora Fervenza, o tema de Baltar é de risa”, pechou. 

Telmo Martín recuperou en 2017 a alcaldía perdida 11 anos antes para logo revalidala novamente nas municipais de 2019. Empresario de profesión, conta no seu haber con numerosas declaracións contundentes, tales como o “populistas de mierda” que dirixiu dous anos atrás a quen usa a sanidade pública nun debate político, segundo publica a SER. En 2018 unha empresa da que foi socio resutou condenada por cobrar sobreprezos na construción de vivendas sociais en Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 tocabolas

Riuriu...o Problema é que vos vai medrar tanto o Cu de estardes todo o dia sentados e dándo-lle ao Teléfono, Mando a distancia ou Consola, que despois acudiredes a urxencais por que tedes Obesidade Mórbida....pode que os Administrativos Non che collan o Teléfono, non digo que Non mais se tiveras dous Dedos de Fronte e a Urxencia fose tal levantarías o Traseiro e personarias-te no C. de Saúde a explicar o teu problema....non sei se me serás da mesm a caterva que o elemento ese da Alcaldía de San Xenxo que nin sequer é quen de levar ben a súa Empresa de Ferralla e vai de experto en Medicina cando dificilmente debe ter o Graduado (e seguro que comprado, com Casado).

1 Gamela

se vas a Centro de Saúde sen cita previa pode que sexas atendido polo Servizo Privado de Seguridade... e se levantas a voz pode que te acusen de agresión ao persoal sanitario, que están moi ocupados sentados toda a mañá lendo a prensa (?) Hai sanitarios e sanitarios... non todos están preocupados pola saúde dos seus pacientes... (?)

3 tocabolas

Riuriu...o Problema é que vos vai medrar tanto o Cu de estardes todo o dia sentados e dándo-lle ao Teléfono, Mando a distancia ou Consola, que despois acudiredes a urxencais por que tedes Obesidade Mórbida....pode que os Administrativos Non che collan o Teléfono, non digo que Non mais se tiveras dous Dedos de Fronte e a Urxencia fose tal levantarías o Traseiro e personarias-te no C. de Saúde a explicar o teu problema....non sei se me serás da mesm a caterva que o elemento ese da Alcaldía de San Xenxo que nin sequer é quen de levar ben a súa Empresa de Ferralla e vai de experto en Medicina cando dificilmente debe ter o Graduado (e seguro que comprado, com Casado).

2 lad

Coa incidencia acumulada de Sanxenxo eu estaría máis preocupado por atallar os contaxios que en poñer a parir aos sanitarios, este tipo lémbrame o alcalde da primeira película de tiburón cun toque Orban.

1 Riuriu

Posiblemente tenga razón. No conozco ese centro de Salud, pero en el mío no cogen el teléfono, y mi madre estuvo días hecha polvo por la mala reacción de una medicina que le acaban de recetar. Fue imposible contactar con el especialista que se la había recetado. Luego se quejan de que saturamos las urgencias. Pero claro, si eres pariente o amigo de un sanitario, se acabaron las listas de espera, o si vas a la consulta privada del especialista que a la mañana trabaja en el SERGAS, tampoco hay problema.

1 Anonymous

Se dispos de 3 liñas telefònicas e tres persoas para coller as chamadas, contamdo que as veces estàn atendendo xente na ventanilla,e non sempre poden coller.Pero claro, queremos que nos collan e dar a chapa por tfno e cando imos o centro tamèn que nos atendan e non se poñan a respostar o tfno.E se non hai mais de 3 por poñer un exemplo 3 chamadas constantes , pois difícil.O alcalde…un estafador e indesexable.Vergoña