Nace unha nova plataforma para defender "os montes e aldeas" de Celanova e Xurés dos eólicos

Bande, Verea, Celanova, Rairiz de Veiga, Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar están afectados por proxectos eólicos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/07/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Stop eólicos Xurés-Celanova. É a nova plataforma creada por veciñas e veciños das Terras de Celanova e das comarcas do Xurés para defender o seu “territorio aldeas e montes contra a invasión eólica”, tras a posibilidade de que se instalen dous novos polígonos na zona de aproveitamento eólico do Vieiro, definida no Plan Eólico de Galicia e que afecta aos concellos de Bande, Verea, Celanova e Rairiz de Veiga; e tamén proxecta a instalación de catro novos polígonos nas zonas de aproveitamento eólico da Guioncha, Serra de Gomariz e San Martiño, nos concellos de Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar

Sinal de desprendemento de bloques de xeo desde aeroxeradores eólicos.. ASOCIACIÓN SALVEMOS CABANA
Sinal de desprendemento de bloques de xeo desde aeroxeradores eólicos.. ASOCIACIÓN SALVEMOS CABANA

A plataforma critica a pasividade das Administracións públicas, singularmente das administracións locais, fronte as ameazas, di, “que para a saúde das poboacións e do medio ambiente supoñen estas instalacións de explotación enerxética de maneira indiscriminada e sen admitir a participación da cidadanía directamente afectada nas decisións sobre os proxectos que fosen necesarios”. “Defenderémonos contra a imposición de polígonos eólicos que teñen como único obxectivo conseguir beneficios para corporacións estatais ou multinacionais”, indica nun comunicado.

Ademais, di que estas instalación poñen en perigo áreas de alto valor histórico e patrimonial, particularmente nos territorios do Couto Mixto e Celanova, e producirían impactos “moi severos e irreparábeis” á paisaxe. “A día de hoxe sabemos tamén que os prometidos beneficios económicos en forma de recadación de impostos, compensacións a través de subvencións e potencial xeración de emprego non compensaron en ningunha experiencia anterior o principal efecto da instalación de máquinas aeroxeneradoras: o despoboamento do rural”, indica. 

Tamen denuncia a ameaza que as instalacións eólicas supoñen contra a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, contra as zonas de Rede Natura e contra outras áreas que merecen protección e coidado. Por iso, asume os principios do manifesto Aldeas con Horizonte así como os obxectivos e as bases da Rede Galega STOP Eólicos, á que se adhire. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta