A Policía segue analizando as imaxes da malleira que acabou coa vida de Samuel Luiz na Coruña

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 30/07/2021 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, explicou que a Policía Nacional "segue realizando o seu traballo, como veu facendo ata agora" para pechar a investigación sobre a malleira que a noite do pasado 3 de xullo acabou coa vida de Samuel Luiz, de 24 anos.

Unha moza achégase ante o altar colocado na beirarrúa onde foi golpeado Samuel, o mozo asasinado na Coruña o sábado 3 de xullo, a 6 de xullo de 2021, na Coruña
Unha moza achégase ante o altar colocado na beirarrúa onde foi golpeado Samuel, o mozo asasinado na Coruña o sábado 3 de xullo, a 6 de xullo de 2021, na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Rivas lembrou que o caso continúa baixo segredo de sumario e que os axentes que participan na investigación continúan co visionado e a análise das imaxes que gravaron diferentes cámaras de seguridade da zona, a avenida de Buenos Aires da cidade herculina.

"Está a revisarse toda a información da que dispomos", engadiu. Ata a data, seis persoas foron detidas pola agresión que causou a morte de Luiz. Dous dos arrestados son menores de idade e unha moza quedou en liberdade coa obriga de comparecencias no xulgado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta