Allariz, vila modelo tamén na reciclaxe téxtil

A recollida selectiva do residuo téxtil supón un amento do 31% respecto aos primeiros seis meses do ano pasado e equivale a 34.000 prendas de roupa.

Por X.M. Fernández | Allariz | 01/08/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

“Humana Fundación Pueblo para Pueblo”, organización que promove dende 1987 a protección do medio a través do aproveitamento do téxtil e que leva acabo programas de cooperación internacional e nacional, recuperou 7.665 quilos de téxtil usado en Allariz durante o primeiro semestre de 2021 para darlles unha segunda vida.

Colector para a reciclaxe de roupa. Foto: Concello de Allariz
Colector para a reciclaxe de roupa. Foto: Concello de Allariz

A reciclaxe das máis de sete toneladas de téxtil recollidas na vila de Allariz --roupa, calzado, complementos e téxtil do fogar-- ten unha dobre compoñente positiva. Esta xestión trae consigo un beneficio social dado que permite a creación de emprego verde e a financiación de proxectos sociais. Ademais, tamén ten como resultado un beneficio ambiental, que vén da man de reducir a xeración do residuos e de evitar que estes acaben no vertedoiro.

Segundo fontes do concello, "a recuperación de residuo téxtil que se leva feito no que levamos de anos supón evitar a emisión de 24 toneladas de CO2 á atmosfera". 

ÁREA DE MEDIO AMBIENTE E "SERVIZO RE"

Estes bos resultados na reciclaxe de téxtil reforzan o traballo que dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Allariz se vén realizando en materia de reciclaxe a través do Servizo RE.

Os programas e campañas que fomentan o coidado do medio, así como unha boa reciclaxe --tanto na separación dos residuos así como no tema da compostaxe-- son sempre obxectivos prioritarios para o Concello de Allariz de cara a continuar como referente nesta materia grazas a colaboración da veciñanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta